Moción referida ao “APARCAMENTOS PARA AUTOCARAVANAS E FURGONETAS CÁMPER EN CERDEDO E EN CARBALLEDO”

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O BNG considera que o Concello de Cerdedo-Cotobade está a perder unha gran oportunidade para atraer turismo de calidade ao termo municipal debido á ausencia de áreas habilitadas que permitan acoller a práctica do autocaravanismo. Así pois, segundo o expresado polo Presidente da Asociación Galega de Autocaravanas nos medios de comunicación: “Galicia é un paraíso para este ámbito tan especializado ao ofrecer un turismo tranquilo, non masificado, en espazos abertos, en pleno contacto coa natureza e ubícanse próximos a núcleos onde poidan repor servizos e bens de consumo”. Ademáis, cabe salientar os sorprendentes datos aportados o pasado mes de setembro polo xornal A Voz de Galicia: “As reservas de viaxeiros internacionais e principalmente estatais que se moveron o pasado verán en autocaravana e furgonetas cámper creceron na Galiza un 200%”. 

O BNG salienta que Cerdedo-Cotobade conta cos atractivos patrimoniais, naturais, paisaxísticos, arqueolóxicos, rutas para o sendeirismo, BTT, espazos de recreo fluvial,… e o máis importante, o concello conta con núcleos onde os caravanistas poden mercar para autoabastecerse polo que sería unha oportunidade de crecemento económico para a veciñanza e para colocar ao concello no eido do turismo verde de calidade. 

No País hai como unhas 128 áreas habilitadas e están a ser escasas dado o crecente aumento do seu uso. Cerdedo-Cotobade non pode quedarse atrás do que é xa unha corrente turística consolidada e en auxe.Tanto os factores locais como a perfecta ubicación do concello á entrada das Rías Baixas (ao carón de Pontevedra e nexo entre as Terras de Montes e o Deza) así como os datos tan relevantes do crecemento exponencial deste tipo de turismo de calidade nos últimos tempos xa subliñados; xustifica a proposta do BNG para a construción de dúas áreas de autocaravas localizadas en Cerdedo e en Carballedo dotadas con tódolos servizos técnicos precisos prestando especial atención ao recomendado pola Asociación Galega de Autocaravanas de Galiza.

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade acorda aprobar a seguinte Moción:

  1. Aprobar unha ordenanza que regule a práctica do caravanismo no territorio municipal.
  2. Construción de dúas áreas para caravanas dotadas dos elementos técnicos e servizos precisos, unha en Cerdedo e outra en Carballedo.
  3. Promover unha campaña de promoción das áreas de caravanas nos espazos on e offline máis axeitados e especializados.