Moción referida ao "SANEAMENTO E MELLORAS VIARIAS NA LONGA, SAN XURXO DE SACOS”

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: 

O grupo local do BNG de Cerdedo-Cotobade veñen de manter unha reunión coa veciñanza do lugar da Longa da parroquia de Xurxo de Sacos a petición dos propios veciños e veciñas.

A reunión servíu para abordar a situación de abandono no que se atopa A Longa en tanto en canto a veciñanza síntese en inferioridade de condicións con respecto aos seus veciños e veciñas da parroquia de San Xurxo ao non contaren cos mesmos servizos básicos, por exemplo, sen dotación de saneamento. 

Ademáis, o lugar merece diversas accións en melloras tanto na plataforma rodada como en seguranza viaria en estradas e camiños de competencia estatal e municipal respectivamente.

Unha das obras máis urxentes é a mellora da seguranza viaria no acceso da N-541 no entronque ao lugar de Cutián (PO-231) a fin de reducir as curvas que se atopan nesa intersección, e crear un cambio de sentido que facilite as maniobras viarias á veciñanza do lugar. 

Outras das peticións da veciñanza ao grupo local do BNG foi a mellora integral dun camiño de servizo que une a N-541 coa estrada de Cutián (transcurre pola parte traseira do antigo Baile Peña) na que se solicita ensanchar, asfaltar e dotar de sinalización viaria. 

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade acorda aprobar a seguinte Moción:

  1. Instar ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a executar unha mellora integral no trazado da N-541 no entronque coa PO-231(Cutián) e se constrúa un cambio de sentido dirección OU-PO a fin de mellorar a seguranza viaria e mellorar a mobilidade da veciñanza do lugar da Longa de San Xurxo de Sacos. 
  2. Instar ao Goberno Local a instalar a rede de saneamento no lugar da Longa en San Xurxo de Sacos.
  3. Instar ao Goberno Local a ensanchar, asfaltar e dotar de sinalización viaria ao camiño que une a N-541 coa PO-231 sito na parte traseira do antigo Baile Peña.