Ernesto Filgueira pide saneamento e melloras viarias no lugar da Longa en San Xurxo de Sacos

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O portavoz municipal, Ernesto Filgueira, e varios membros do grupo local do BNG veñen de manter unha reunión coa veciñanza do lugar da Longa da parroquia de Xurxo de Sacos a petición dos propios veciños. 

A reunión servíu para abordar a situación de abandono no que se atopan as veciñas e veciños de A Longa por parte do goberno de Jorge Cubela, que non cumpríu coa dotación de saneamento, nin xestionou diante das administracións competentes a mellora da seguranza viaria no acceso da N-541 co entronque ao lugar de Cutián (PO-231) reducindo as curvas ue se atopan nesa intersección, e solicitando, ademáis, un cambio de sentido que facilite as maniobras viarias á veciñanza do lugar. 

Outras das peticións da veciñanza ao grupo local do BNG que dirixe Filgueira foi a mellora integral dun camiño de servizo que une a N-541 coa estrada de Cutián (pasa pola parte traseira do antigo Baile Peña) na que se precisa ensanchar, asfaltar e dotar de sinalización viaria. 

Para Filgueira, “a demanda da veciñanza da Longa de contaren con rede de saneamento é, non só xusta e histórica, senón urxente para poder equiparar os servizos públicos ao resto da parroquia de San Xurxo” e denuncia que “hai un clara falla de compromiso por parte de Jorge Cubela ao longo dos seus 11 anos ao fronte do goberno coa veciñanza da Longa”. 

Por este motivo, Ernesto Filgueira comprometeuse a levar unha moción ao pleno de novembro recollendo as demandas da veciñanza co obxecto de acadar o compromiso da corporación para facer posible que a Longa onte cuns servizos públicos de calidade e propios do século XXI.