Moción referida á "INSEGURIDADE VIAL E CARENCIAS DE MOBILIDADE EN CALVELO" 

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O abaixo firmante, Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo e Cotobade presenta a seguinte Moción referida á inseguridade vial e carencias de mobilidade peonil que existe no lugar de Calvelo, parroquia de Tenorio.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

  1. A recente obra de ensanchamento da N541 ao seu paso polo lugar de Calvelo deixou unha plataforma rodada con máis carrís en pleno cambio de rasante e en curva pegada ás vivenda e negocios, provocando un considerable aumento da perigosidade vial para a veciñanza.
  2. As veciñas e os veciños de Calvelo non contan cun paso peonil seguro entre o núcleo e a zona dos negocios de Río Tenorio.
  3. Pegada á N541, dirección Ourense, ubícase unha marquesiña rodeada dunha capa de terra a distinto nivel da plataforma rodada o que provoca o asolagamento da mesma nos días de choiva causando problemas de acceso ás crianzas en particular durante todo o curso escolar e á veciñanza do transporte discrecional en xeral.
  4. Carencia dunha comunicación biosaudábel, peonil e segura entre o núcleo sur e o núcleo e a zona de equipamentos educativos e deportivos de Río Tenorio co fin de mellorar a calidade de vida veciñal e a valorización do seu entorno.
  5. O Concello debe velar pola seguridade vial e mobilidade biosaudábel das súas veciñas e dos seus veciños e, polo tanto, demandar das autoridades competentes o arranxo, accesibilidade e a mellora na seguridade segundo as competencias de cada quén.

Por todo o exposto, o Pleno do Concello de Cerdedo e Cotobade acorda aprobar a seguinte Moción:

  1. Instar ao Ministerio de Fomento á intervir N541 para dotar de seguridade vial real a Calvelo colocando unha pasarela peonil que una as dúas partes do núcleo, engadindo un vial de incorporación no PK 84 dirección Ourense, urbanizar o entorno da marquesiña dirección Ourense e incorporar unha vía ciclista e peonil entre o PK 84 e Río Tenorio dirección Ourense.
  2. Instar ao Goberno Municipal a dotar dunha senda peonil e accesible dende Calvelo sur a Cachada Grande e dunha segunda senda peonil que enlace Cachada Grande até as instalacións educativas e deportivas de Río Tenorio.

Ernesto Filgueira Touriño

Descargar iniciativa en PDF