Ernesto Filgueira aposta por facer unha oposición firme, fiscalizadora e propositiva

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

ERNESTO FILGUEIRA: “No Pleno de Organización de mañá vou expresar a liña de traballo que vai representar ao BNG local neste lexislatura caracterizada polo traballo, a atención veciñal e a presentación de propostas colaborativas. Ademáis pedireille ao goberno diálogo, honestidade e maior transparencia na súa xestión ”.

Con motivo da celebración do Pleno de Organización previsto para mañá martes ás 13h no Salón de Plenos de Casa do Concello, o BNG bota a andar a lexislatura satisfeito pola volta á Corporación Municipal e máis ledo aínda polo grupo de traballo local que está a carón do Portavoz da agrupación, Ernesto Filgueira, co que márcanse como obxectivo desenvolver unha axenda constante de fiscalización na laboura do goberno do PP, traballar da man do tecido asociativo e social do coxunto do municipio e converterse na forza política máis activa e dinámica sentada na bancada da oposición.

Unha das primeiras demandas que fará mañá Ernesto Filgueira será a de solicitarlle ao grupo de goberno que a celebración dos Plenos Ordinarios deixe de ser polas mañás e pase a celebrarse cara as últimas horas da tarde, pois, entende o BNG que se lle daría oportunidade á veciñanza de poder asistir ao non celebrarse en horario habitual de traballo, pois, sería este un acto de maior apertura e transparencia política e maior participación cidadá.

Outros dos puntos nos que o BNG vai marcar diferencias é con respecto á 2a dedicación exclusiva prevista por Cubela, xa que suporá incorporar unha segunda e importante cuantía económica á equipa de goberno a custa de perderes unha funcionaria da administración local polo que Ernesto Filgueira vai preguntar cómo se van reorganizar as competencias, en qué outros traballadores reaerán as mesmas ou, pola contra, se teñen pensado facer constratacións temporais engadindo novas cargas ao orzamento municipal, de por si xusto e máis reducido que vai quedar cando se esgote o millón de euros do fondo de fusións da Xunta.