O BNG consolida o seu crecemento constituíndo un sólido Consello Local integrado por 30 membros

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

ANXO SANTOMÉ: “É unha honra facer parte dun grupo onde prima a calidade humán, a igualdade e unha excelente relación que transmitimos á sociedade e que, xunto ao traballo en equipo, xa nos está a converter nos referentes da alternativa política municipal ”.

O BNG de Cerdedo e Cotobade ben de aprobar a nova estructura local de dirección e organización composta por un total de 30 membros que proveñen das 21 parroquias que forman o conxunto municipal. Así pois, como Responsable Local continuará Anxo Santomé, cargo que ven ostentando dende o 2009 ademáis de formar parte do Consello Comarcal. Como Vicerresponsable Local foi designado o economista Xoán Romero. O Departamento de Organización será dirixido por Delmiro Durán e Margarita do Rocío Graña (traballadores públicos da xustiza e da sanidade respectivamente).

O conxunto dos membros da organización decidiron constituír varias Comisións de Traballo que servirán de soporte e respaldo á toda a actividade institucional que executará o Portavoz Municipal Ernesto Filgueira.

Tamén, foi aprobado un Plan de Proximidade Veciñal que xa está en marcha - logo de iniciarse en Loureiro, continuar por Carballedo e antonte en Quireza- no que de xeito quicenal o BNG está a convocar aos representantes do tecido asociativo e a veciñanza da parroquia proposta a unha xuntanza asemblearia co fin de aproximarse ás súas necesidades, demandas e problemas que desexen transmitir.

O BNG marca como obxetivos converter a política municipal no instrumento que promova e incentive melloras na calidade de vida veciñal, fixar a poboación máis nova, consolidar os servizos públicos e traballar á carón da veciñanza. Con honestidade, con transparencia e co optimismo de saber e coñecer as potencialidades de Cerdedo e de Cotobade.