O BNG de Cerdedo-Cotobade organiza unha andaina popular co gallo da celebración do Día da Patria Galega.

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O BNG de Cerdedo e Cotobade ben de organizar unha andaina popular para o vindeiro sábado día 20 de xullo no canto da celebración do 25 de xullo, o Día da Patria Galega.

A andaina transcurrirá ao longo dos 13km que conforman a Ruta Circular da Cabenca-Cavadosa de Cerdedo de dificultade baixa. A hora de saída está prevista para as 9:30h na Praia Fluvial de Cerdedo. A equipa do BNG anima ás veciñas e aos veciños a unírense a esta actividade pública co fin de vivir unha xornada de confraternización veciñal, redescubrir a riquiza natural e a beleza paisaxística da ruta de sendeirismo e facer desta andaina un evento de promoción turística que serva para potenciar as enormes posibilidades do conxunto do concello no eido do turismo verde e biosaludable. Os percorridos polos sendeiros é hoxe unha actividade que está a crecer entre grupos de amigos e familias e axudan, ademáis de por en valor os nosos recursos etnográficos e naturais, a mellorar as relacións sociais entre as persoas nesta nova era dixital.

O BNG informa que terá lugar un xantar entre as persoas participantes na área de recreo da Praia Fluvial de Cerdedo e recomenda que cada quén leve os seus alimentos e a súa bebida.

Aínda que a andaina é un evento público o BNG solicítalle ás persoas participantes que comuniquen a súa asistencia no mail cerdedocotobade@bng.gal ou ben na páxina do Facebook “BNG Cerdedo e Cotobade” perante a correcta organización da xornada.