Na conta xeral de 2022 de Cerdedo-Cotobade constátase que quedou sen executar case o 20% do orzamento, fundamentalmente en partidas de gran importancia social

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

A conta xeral, elaborada pola intervención, e entregada fóra de prazo, é unha imaxe fiel do patrimonio, da situación financeira, dos resultados do exercicio e da execución do orzamento.

Na conta xeral de 2022 perto do 20% do orzamento quedou sen executar, fundamentalmente en partidas claves cunha importante función social, como saneamento, recollida e tratamento de residuos, protección e mellora do medio ambiente, benestar social, funcionamento dos colexios, promoción da cultura, do deporte e do turismo ou protección e xestión do patrimonio cultural, que contan cun grao de execución moi baixo”.

Outro dato salientábel da conta xeral é que os remanentes de crédito non incorporábeis superan, con moito, o millón de euros.

Ademais, o informe de Intervención apunta a que continúan os reparos, os fraccionamentos de contratos e as irregularidades en materia de información.