Ernesto Filgueira urxe ao Alcalde a reclamar da Xunta melloras nos horarios e paradas do transporte regular

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta a seguinte PROPOSTA a modo de rogo instando á súa resposta:

País e nais de mozos e mozas que emprenden a partires de setembro un novo ciclo educativo nos institutos de Pontevedra achégannos a súa inquedanza debido á falla de combinacións horarias e paradas do transporte regular cara a capital e desta cara Cerdedo-Cotobade. Un problema que esixe a participación do goberno local a fin de traballar na procura de liñas de bus regular compatible cos horarios da mocidade. Calvelo é un lugar que non conta coa parada do conxunto dos buses regulares que cubren o concello no seu percorrido cara Lugo ou Ourense.

ROGO

Instamos ao goberno local a reclamar da Xunta a racionalización dos horarios e frecuencias das liñas regulares que atravesan o concello e atopar unha solución para que ditos autobuses paren en todas as paradas existentes no termo municipal.

Quedo á espera de prontas respostas.