O BNG pide a colocación de bancos públicos entre os Castros e Piñeiro

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta a seguinte PROPOSTA a modo de rogo instando á súa resposta:

A veciñanza dos lugares de Piñeiro e Os Castros dan conta da necesidade de contaren con mobiliario público no vial que une Peñeiro cos Castros a fin de contar cun espazo recreativo que mellore o contacto social entre a veciñanza dos lugares.

ROGO

Dende o BNG solicitamos ao goberno local a creación dun espazo recreativo dotado de mobiliario público no vial que une Piñeiro e os Castros.

Quedamos á espera de prontas respostas.