Ernesto Filgueira reclama maís seguridade viaria á altura da ponte do Pozo Negro de Rebordelo

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta a seguinte PROPOSTA a modo de rogo instando á súa resposta:

Na estrada de Rebordelo, EP-0403, á altura das piscinas do Pozo Negro dirección PO-233/Rebordelo dase unha situación de enorme inseguridade viaria que cómpre porlle pronta solución, pois, antes do petril da ponte hai un espazo sen ningunha vionda ou elemento de seguridade que evite a caída de vehículos ou persoas polo desnivel que avanza cara o río Almofrei. Ademais, os petrís desa ponte teñen unha separación importante o que supón un perigo para as crianzas, sobor de todo, tendo en conta que se trata dun espazo que conta con afluencia de visitantes e locais durante a época estival e hai unha senda polos muíños da zona.

ROGO

Instamos ao goberno local a reclamar da institución propietaria a colocación dunha vionda de seguridade á altura do petril da ponte do Pozo Negro dirección PO-233/Rebordelo e acotar a separación entre petrís da ponte a fin de reducir a perigosidade entre os mesmos, especialmente para as crianzas.

Quedamos á espera de prontas respostas.