O BNG demándalle ao Alcalde que cumpla coa súa palabra que priorice a colocación da Fibra Óptica nas parroquias

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta a seguinte PROPOSTA a modo de preguntas instando á súa resposta:

A instalación da fibra óptica leva retraso na súa implantación no conxunto das parroquias do concello, máxime logo das promesas públicas do sr Alcalde e do tour de reunións veciñais mantidas a comezo do presente ano. Este servizo de internet de alta velocidade é urxente tanto para particulares como para as pequenas empresas e autónomos do concello para lles permitiría ser máis competitivos no aspecto económico, educativo, …  máxime nas circunstancias actuais.

PREGUNTAS

-Cales son os avances da fibra óptica a respeito da súa instalación nas parroquias do concello?
-A que se debe que lugares da mesma parroquia non conte co servizo?
-Para cando ten o goberno previsto dotar ao 100% do territorio municipal de fibra óptica e cumplir coa súa palabra dada públicamente á veciñanza?

Quedamos á espera de prontas respostas.