O BNG demanda a limpeza das laxes dos petróglifos de Cernadelo en San Xurxo en Sacos

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta a seguinte PROPOSTA a modo de rogo instando á súa resposta:

O BNG de Cerdedo-Cotobade foi informado por parte da veciñanza de San Xurxo da falla de limpeza das laxe de petróglifos de Cernadelo, na baixada ao San Xusto. O BNG entende a administración responsábel do seu mantemento debe actuar coas melloras garantías posíbeis a fin de manter en bo estado o importante legado arqueolóxico existente nas terras de Cerdedo-Cotobade. Habida conta da importancia dos mesmos pola riqueza e diversidade dos gravados existentes -algúns deles BIC- deben ser considerados como un arte definitorio e un elemento de identidade para a cultura e a actividade turística sostíbeis de Cerdedo-Cotobade.

ROGO

Dende o BNG instamos ao goberno local a por en marcha unha acción de limpeza do conxunto das laxes dos petróglifos de Cernadelo, San Xurxo de Sacos. Asemade, reiteramos a necesidade de xestionar os medios precisos diante das institucións oportunas para levar a cabo unha nova excavación a fin de continuar coa investigacións da arte rupestre desta contorna.

Quedamos á espera de prontas respostas.