Ernesto Filgueira pide a revisión e arranxo do mobiliario público da parroquia de Tomonde

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta a seguinte PROPOSTA a modo de rogo instando á súa resposta:

Na parroquia de Tomonde, no camiño que descende dende a marquesiña da estrada PO-2201 cara o lugar de Fraguas, hai mobiliario público que non se atopa en condicións óptimas para ser utilizado pola veciñanza. Un banco que presenta o movemento das súas partes e que requiren dunha intervención de reparación a fin de evitar posíbeis danos para calquera dos seus usuarios.

ROGO

Dende o BNG instamos ao goberno local a por en marcha unha revisión do conxunto do mobiliario público existente no lugar de Tomonde e reparar as deficiencias o máis axiña posíbel.

Quedo á espera de prontas respostas.