O BNG demanda a construción urxente dunha parada segura para o transporte escolar á altura das Lagoas en dirección Carballedo-Bora

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta a seguinte PROPOSTA a modo de rogo instando á súa resposta:

Familiares d@s usuari@s do transporte escolar e mesmo con posíbel utilización para o transporte discrecional denuncian a falla dunha parada de autobús á altura do lugar das Lagoas na estrada PO-233 dirección Carballedo-Bora. Unha parada que garanta á seguridade das crianzas e conte coa súa marquesiña que lles aporte resgardo a respecto das incidencias climatolóxicas, especialmente durante os meses de maiores precipitacións. Contrasta esta falla de parada coa sí existente en dirección Bora-Carballedo, pouco antes do Bar Senra.

ROGO

Dende o BNG instamos ao goberno local a por en marcha as medidas precisas para dotar de parada e marquesiña no lugar das Lagoas en dirección Carballedo-Bora coa maior axilidade posíbel a fin de poder contar co seu uso de cara o vindeiro curso escolar e garantir a seguridade viaria das crianzas usuarias do transporte escolar.

Quedamos á espera de prontas respostas.