O BNG presenta alegacións ao Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións do vial Cerdedo-Caroi 

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O portavoz municipal do BNG de Cerdedo-Cotobade, Ernesto Filgueira, ven de presentar unha batería de alegacións e propostas ao Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións do Vial entre Cerdedo e Caroi.

Entre estas alegacións destacamos as seguintes propostas:

  1. Construción dun paso soterrado de fauna no PK 2,380. Na zona son constantes avistamentos de fauna salvaxe, (xabaríns, corzos, lobos etc), que mesmo chegaron a provocar accidentes de trafico entre os PK 2,000 e 2,400. Este treito é unha zona de paso cara o ZEC “Serra do Cando” que forma parte da Rede Natura 2000. Este paso é máis necesario, se cabe, polo previsíbel incremento da velocidade do tráfico rodado por esta estrada unha vez arranxada.
  2. Medidas de calmado de tráfico entre os PK 6,930 e 7,000 similar ao do nucleo de Chamadoira, xa que na actualidade conta con dous lombos para reducir a velocidade dado que é unha zona de xogo para os nenos e recinto dónde se fan as festas parroquiais e outras actividades de lecer e tamén de culto relixioso. Este tramo abanrca a entrada do núcleo do Coto na parroquia de Caroi, á altura da Ermida do Neno Xesus, pola marxe dereita e da antiga escola de Nenos pola marxe esquerda, que hoxe en día e un local social propiedade do concello, e xestionado pola Comunidade de Montes e Asociación de veciños.
  3. Melloras na seguridade viaria no No PK 7,000. Ao remate do vial existe unha especie de rotonda, cunha farola desviada do eixo da estrada e que carece de sinalización, que xera moitas dúbidas aos condutores e condutoras. das condutoras á hora de circular por ela. Propoñemos a súa reubicación e que se dote da sinalización pertinente, así como a adopción de medidas de calmado de tráfico e de humanización da estrada. - Unir o antigo vial que cruza Chamadoira coa estrada Caroi.Cerdedo, no punto quilométrico PK 4+050 a PK 4+350 permitindo que haxa unha nova entrada ao lugar. Este vial quedou sen ter enlace na última actuación de ensanchamento da vía, e na actualidade está totalmente inutilizábel. Unir este vial coa estrada permitiría un novo acceso á Chamadoira.

Ademáis, o BNG fai especial fincapé en que o PP debe atender con urxencia as preocupacións e reclamacións da veciñanza dos núcleos da Revolta, Cerdedo núcleo, Viduido ou de Chamadoira após a proposta de construción por parte de Cubela e da Xunta dun novo tramo de vial no val de Cerdedo.

Ernesto Filgueira “insta ao Alcalde e o seu equipo a negociar coa veciñanza a alternativa máis acaída, menos agresiva co medio natural e a fauna da contorna; e acade un acordo consensuado coa veciñanza que manifestamente rexeita á construción deste tramo recollido no Documento de Aprobación Inicial do Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións do vial entre Cerdedo e Caroi”