Plan de reactivación económica

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O BNG presenta un Plan de Reactivación Económica de Emerxencia e insta á modificación dos Orzamentos Municipais

Ernesto Filgueira: “Na vindeira Xunta de Portavoces presentareille ao
Alcalde unha proposta con medidas precisas que eviten o cese de
actividade de moit@s autónom@s de Cerdedo-Cotobade”.

O portavoz do BNG local, Ernesto Filgueira, ten como obxectivo consensuar medidas
de reactivación económica que permitan darlle osíxeno aos pequenos empresarios e
autónomos do concello nun momento social de clara parálise e escepcionalidade a causa do covid19. Ernesto Filgueira urxe unha nova celebración da Xunta de Portavoces na que trasladar as súas propostas no marco do Plan de Reactivación Económica de
Emerxencia que o grupo nacionalista presenta priorizando medidas para minimizar o
impacto da crise laboral que se achega e evitar unha fonda brecha social d@s
traballador@s máis vulnerables.

Ernesto Filgueira define ao seu Plan como un mecanismo de choque que facilite
resilencia e confianza aos traballadores e manteña a riqueza do tecido produtivo de
Cerdedo-Cotobade. Estas medidas deben ser incorporadas ao Orzamento Municipal
polo que o portavoz nacionalista defenderá a necesidade de contar con partidas
económicas concretas e ben definidas para que a súa posta en marcha sexa o antes
posible dada a urxencia do contexto social.

Así pois, as principais medidas son:

  • Axudas directas para autónomos e pequenas empresas (consensuadas entre os
    grupos políticos municipais axustadas á situación da tesourería municipal). Compatibles con axudas doutras administracións e a súa concesión debe atender a criterios como o tempo de peche de establecementos e/ou actividade, reducción importante da súa facturación ou con traballadores a cargo.
  • Reforzo da Partida dos Servizos Sociais. Prestar todo o apio posible ás familias e
    persoas máis vulnerables e en risco de exclusión social. Evitar no posible a brecha dixital das crianzas garantíndolles medios tecnolóxicos.
  • Presionar ás suministradoras a mellorar a liña de internete e/ou no seu caso a crear a estructura precisa para contarmos cunha capacidade de rede óptima que permita e incentive o traballo online.
  • Posta en marcha dunha campaña promocional a prol da actividade comercial local e d@s autónom@s que desevolven profesións técnicas e culturais.

Ernesto Filgueira: “Abogo pola presentación de medidas, pola
cooperación e o consenso social. É un momento para a política con
maiúsculas, con responsabilidade e dende o BNG así o estamos a
facer”.