Entrevista a Ernesto Filgueira

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

“Se queremos frear a sangría demográficatemos que crear as condicións para que sexaatractivo vivir e traballar no rural”

Estamos en 2020, o ano Ricardo Portela en Cerdedo-Cotobade...

Efectivamente, este vai ser un ano moi especial para todos os veciños e veciñas de Cerdedo-Cotobade xa que celebraremos por todo o alto o centenario dun dos nosos veciños máis ilustres, o gran gaiteiro Ricardo Portela.

Desde o BNG agradecemos a unanimidade de toda a corporación á nosa iniciativa que busca homenaxear aunha figura clave na música tradicional galega e poñer en valor o seu gran legado. Que Ricardo Portela vaia ser Fillo Predilecto e que os veciños e veciñas de Cerdedo-Cotobade poidan coñecer máis en profundidade a súa vida e a súa obra é algo que nos enche de orgullo e satisfacción.

Como valora que o PP veña de impedir que prosperase a iniciativa do BNG para crear unha comisión que velase pola eliminación dos múltiples vestixios do franquismo que aínda existen no concello

Sinto vergoña. O que fixo o PP é un insulto e unha falta de respeto para a memoria de todas as persoas represaliadas pola ditadura e as súas familias, e, a verdade, non mo esperaba.

Pensei que Cubela tería máis sensibilidade. É algo totalmente indecente,deixar en fontes, lavadoiros e demáis bens públicos a simboloxía fascista, non xa porque incumpra a lei -que a incumpre- senón e sobre todo, porque é unha afrenta para todas as persoas que loitaron pola liberdade e a xustiza social no noso concello.

Cerdedo-Cotobade é un dos concellos que máis poboación perde, como valora este dato

Con gran preocupación. Se non facemos algo con urxencia en nada seremos xa menos de 5000 habitantes. De 2016 -ano da fusión de Cerdedo e Cotobade- a 2018 perdemos 345 veciños e veciñas. Como se di popularmente, imos costa abaixo e sen frenos.

Pero tanto eu como o BNG cremos firmemente no rural, nun rural vivo, dinámico, con calidade de vida e con oportunidades, pero para iso compren outras políticas. Non se pode pretender que a xente queira vivir no rural e, ao mesmo tempo, quitarlle os servizos máis básicos como son a educación -en Tenorio temos un bo exemplo coa redución de aulas- ou a sanidade. O recente caso de Verín é ben elocuente: a Xunta do PP no seu afán por recortar servizos no rural pechou o paridoiro do hospital comarcal, negándolle ás nais algo tan sentido como poder ter os seus fillos na comarca á que pertencen. Por sorte, e isto tamén é unha lección que debemos tomar moi en conta, a dignidade dos veciños e veciñas e súa loita incansábel lograron que o PP tivese que dar marcha atrás e anunciar que o vai reabrir de imediato.

O que quero dicir con isto é que o rural só terá futuro se lle damos as posibilidades para que medre, se facilitamos que a xente poida vivir nel do seu traballo, en definitiva, se lle damos os servizos e as condicións de vida que se precisan en pleno século XXI.

A aprobación dunha enmenda do BNG aos orzamentos municipais para prover os produtos locais vai neste sentido, non?

Claro. Temos uns produtos tanto agrários como gandeiros de primeirísima calidade e promocionalos axudará a dinamizar a economía e asentar poboación.

Cambiando de tema, recentemente o BNG denunciou no Concello o deterioro da rede de saneamento

Efectivamente. Estivemos estudando o tema sobre o terreo e comprobamos as múltiples deficiencias que existen, derivadas da falta de mantemento. O deterioro da rede de saneamento é evidente e incontestábel. Denunciamos o feito e conseguimos introducir nos orzamentos unha partida económica para que se revise toda a rede ese eliminen os vertidos.

Temos un medio natural espléndido,un dos nosos mellores valores, e coidalo e melloralo ten que ser un dos eixos fundamentais sobre os que xirea acción do goberno. Non podemos estragalo por deixadez.

Como valoras estes meses de traballo municipal?

Intenso e produtivo. Nós estamos para resolver problemas, non para crealos. A nosa foi e será sempreunha oposición construtiva que busca mellorar a vida das nosas veciñas e dos nosos veciños. Facémolo con humildade, pero tamén con determinación.

Somos, con diferencia, a forza política que leva máis iniciativas a pleno que, a maioría das veces, se aproban por unanimidade.

Desde o BNG estades a manter contactos frecuentes coa veciñanza para coñecer as súas demandas

Efectivamente, estamos a manter reunións periódicas polos distintos lugares do concello aos que convidamos ás entidades sociais para, entre todose todas, analizar as problemáticas existentes e procurar as posíbeis solucións. As conclusións materialízanse logo nas mocións que levamos ao pleno do concello para a súa aprobación.

Un dos temas que máis deu que falar nos últimos meses foi a necesidade de solucionar o problema das emerxencias no noso concello. Como está o tema?

Trátase dun tema moi serio e moi grave. Non pode ser para un incendio ou algunha outra emerxencia teñamos un tempo de resposta de máis de 40 minutos.

Nós demandamos que todas as Administracións implicadas, desde a Xunta -a administración competente en elaborar o mapa de emerxencias, e que aínda non o ten feito- á Deputación e aos concellos afectados acorden unha solución eficaz para que calquera emerxencia se atenda en menos de 20 minutos. Esta proposta foi trasladada ao Parlamento Galego polo deputado do BNG, Luís Bará, e aprobada por unanimidade de todos os grupos. Agora só queda agardar que se efectivice. No BNG estaremos moi atentos porque é un tema especialmente sensíbel e que demanda unha solución urxente.

Atendendo ás mocións presentadas pola BNG no que vai de mandanto parece que poñedes especial énfase na mobilidade e na seguridade viaria. É así?

É, porque entendemos as infraestruturas como elementos fundamentais para a vertebración do territorio, e para iso teñen que facilitar a mobilidade e a seguridade tanto para peóns, como para ciclistas, e vehículos a motor.

E é precisamente esta mobilidade e seguridade a que falla en determinadas estradas e que é preciso subsanar. Falo, por exemplo, da estrada entre Bugarín e Fondós, da estrada de Borela, da estrada de Almofrei, da PO-233 e PO-234 ou na N-541 ao seu paso por Calvelo.

Por outra banda, queremos tamén, e así o acordou o pleno por unanimidade, esixir do ministerio de Fomento que desbote definitivamente o seu proxecto de ensanchamento da N-541 en Viascón, xa que iría contra a vertebración da parroquia.

Incidides moito na necesidade de acometer en moitas destas infraestruturas carrís específicos para bicicletas, a que se debe?

A dous motivos principais. O primeiro, porque a mobilidade ciclista é un xeito de moverse ecolóxico e saudábel, que, ademais, se está a extender motísimo nos últimos tempos, tanto a nivel de usuarios amaters como profesionais.

E un segundo motivo, porque contar cunha boa rede de carrís bici podería atraer a moita xente ao noso concello, co que repercutiría moi positivamente na hostelaría de Cerdedo-Cotobade.

Por iso istamos ás administracións implicadas: Fomento, Xunta, Deputación e Concello para que se poñan as pilas, mellorando a seguridade viaria e a mobilidade peonil e ciclista nas vías da súa titularidade.

Vostede e outros membros do BNG estiveron o pasado 19 de xaneiro na presentación de Ana Pontón como candidata do BNG á presidencia da Xunta, que impresión sacou?

Unha impresión moi positiva. Por unha banda polo entusiasmo, a ilusión e o optimismo da xente que asistimos e, pola outra, pola humildade e a grande capacidade e preparación de Ana Pontón, sen lugar a dúbidas a mellor persoa para presidir a Xunta de Galiza.

Deséxoslle moita sorte a Ana e ao BNG, e eu porei todo de min para que así sexa. Polo ben de Galiza e polo ben de Cerdedo-Cotobade.

Falaba antes de que para que o rural teña futuro hai que facer unha aposta forte, darlle os servizos e as oportunidades para que se poida vivir e traballar nel. E sei que este obxectivo está na axenda de Ana Pontón.