368.000€ e medidas de reactivación económica

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel


O portavoz do BNG local, Ernesto Filgueira, ten como obxectivo rexistrar un documento a fin de solicitarlle a Jorge Cubela destinar 368.000€ -do 1.340. 000€ previstos do Fondo Fusións da Xunta de Galiza- ao rescate dos sectores económicos e culturáis que manteñen a estructura comercial e social do concello diante da situación de clara parálise e escepcionalidade a causa da covid19.

Ernesto Filgueira: “Agardamos que as propostas que propoñemos sexan recollidas no vindeiro Orzamento Municipal e supoñan un mecanismo de choque, resilencia e confianza para os autónomos, pequenos empresarios e para a cultura viva e folclórica de Cerdedo-Cotobade, activadas nun curto prazo de tempo dada a urxencia do contexto económico e social”.

Así pois, o BNG entende que os obxectivos principais de reforzo deben ir encamiñados a:

  • Reforzo da Partida dos Servizos Sociais. Prestar todo o apio posible ás familias e persoas máis vulnerables e en risco de exclusión social. Evitar no posible a brecha dixital das crianzas garantíndolles medios tecnolóxicos.
  • Axudas directas para autónomos e pequenas empresas. Abrir unha liña de apoio económico a fin de axudar a manter a actividade, a facturación -cando menos para subsistir nestos duros meses que se aveciñan- e os postos de traballado dos autónomos e das pequenas empresaslocalizadas no territorio municipal.
  • Presionar ás suministradoras a mellorar a liña de electricidade e internet. É fundamental contar con redes modernizadas e fibra óptica en todas as parroquias que permita e incentive o traballo online.
  • Liña de reflote directa ás asociacións culturáis, folclóricas, históricas e musicáis a fin de evitar a morte da cultura viva das parroquias e do tecido asociativo municipal.

Ernesto Filgueira: “Abogo por unha política de negociacións, consensos e acordos que nos permita achegar o rural ás cidades en termos equiparables de servizos e calidade de vida. É a nosa obsesión”.