O BNG propón destinar 368.000€ do fondo fusións a apoiar aos autónomos, pequenos empresarios e á cultura

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O BNG propón dirixir 368.000€ do Fondo Fusións a paliar a brecha dixital, apoiar aos autónomos e pequenos empresarios e rescatar á cultura de Cerdedo-Cotobade.

O portavoz do BNG local, Ernesto Filgueira, rexistra este documento co obxecto de destinar 368.000€ -do 1.340. 000€ previstos do Fondo Fusións da Xunta de Galiza- ao rescate dos sectores económicos e culturáis que manteñen a estructura comercial e social do concello diante da situación de clara parálise e escepcionalidade a causa da covid19.

O BNG entende que os obxectivos principais de reforzo acollidos no Orzamento Municipal 2021 deben ir encamiñados a:

-Reforzo da Partida dos Servizos Sociais. Prestar todo o apio posible ás familias e persoas máis vulnerables e en risco de exclusión social. Evitar no posible a brecha dixital das crianzas garantíndolles medios tecnolóxicos.

-Axudas directas para autónomos e pequenas empresas. Abrir unha liña de apoio económico a fin de axudar a manter a actividade, a facturación -cando menos para subsistir nestos duros meses que se aveciñan- e os postos de traballado dos autónomos e das pequenas empresas localizadas no territorio municipal.

-Presionar ás suministradoras a mellorar a liña de electricidade e internet. É fundamental  contar con redes modernizadas e fibra óptica en todas as parroquias que permita e incentive o traballo online.

-Liña de reflote directa ás asociacións culturáis, folclóricas, históricas e musicáis a fin de evitar a morte da cultura viva das parroquias e do tecido asociativo municipal.

Á espera de pronta resposta.