BNG propón medidas compensatorias frente á subida do IBI dun 45%

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O IBI 2020 SUBE MAIS DUN 45% E O BNG PROPÓN MEDIDAS COMPENSATORIAS PARA A VICIÑANZA

Ernesto Filgueira: “No vindeiro Pleno o BNG vai solicitar do Goberno de Cubela unha rebaixa fiscal para a veciñanza mediante o emprego do fondo fusións a fin de aliviar ás fráxiles economías familiares sacudidas, ademáis de pola crise, pola subida nun 45% do imposto do IBI ”.

Joám J. Romero, economista e membro da equipa do BNG, e Ernesto Filgueira informan de que nas pasadas semanas a veciñanza de Cerdedo-Cotobade fixo o pagamento do Imposto de Bens Inmóbeis (IBI) ou contribución urbana correspondente ao exercício 2020. Pois ben, a suba media nos recibos chega a superar o 45% a respeito do ano 2019. Esta subida abrupta e inesperada pola maioria das famílias é inasumíbel porque afecta a unhas economias xa de por si maltreitas pola persistente crise económica agravada este ano con mais desemprego, ERTE’s, baixas pensións ou a caida dos ingresos das persoas autónomas por mor da pandemia do COVID-19.
No ano 2014 o PP aprobou en solitario unha ponencia de actualización a alza dos valores catastrais para as propiedades do territorio do antigo concello de Cotobade. Esta subida das bases imponíbeis foi compensada con uns tipos de gravame reducidos do 0,275% para o IBI Urbano polo periodo máximo de séis anos permitido no artigo 72.5 da Lei Reguladora das Facendas Locais. A reducción permaneceu desde 2014 até 2019. Rematado ese prazo, en 2020 o goberno de Cubela viuse na obriga de subir o tipo impositivo até o mínino legal do 0,40% e disto deriva o grande aumento nos recibos da contribución deste ano 2020, equiparando a cárrega fiscal coa de concellos mais urbanizados e con un nível superior de prestación de servizos municipais. De face-lo de un xeito progresivo ben se tería evitado a inxusta subida desde ano, nomeadamente atendendo ás circunstancias sobrevidas pola pandemia.
No pasado mes de marzo o alcalde anunciaba un aprazamento no cobro do IVTM e do Lixo para compensar os efeitos da crise. Esta manobra puntual non é solución tendo en conta o diferente peso dos diferentes impostos nas economias familiares. O IBI supón para a maioria dos fogares unha cárrega muito maior que o imposto de circulación ou a taxa do lixo. Ademais o aumento dos valores catastrais afecta á subida doutros impostos municipais e estatais como o IRPF agravando a presión fiscal global sobre a veciñanza. Dende o BNG queremos denunciar a instrumentalización eleitoralista de políticas de apaño provisional que ao final derivan en inxustos e repentinos aumentos na tributación local. 
A pasada semana soubemos que a Xunta vai destinar ao noso Concello unha importante partida de fondos reservados para os municipios fusionados. Isto podería aliviar a situación financeira de un concello pequeno como o noso, moi dependente das transferencias doutras administracións. En todo caso, grazas ao financiamento extra que o concello recibirá deste fondo, o BNG propón establecer unharebaixa fiscalpara solventar a difícil situación económica nos fogares e que non tería por qué comprometer o cumprimento dos obxectivos de estabilidade e sostibilidade financeiras.
Asemade seguindo esta liña, o BNG vai propor ao goberno municipal que ordene unha auditoria fiscal completa que sirva para coñecer os níveis de elusión e fraude fiscal e tamén de presión fiscal efectiva sobre as e os contribuintes cumpridores das suas obrigas tributárias. Aliás, seriviría para verificar se as grandes compañías de suministros de enerxia e telecomunicacións están a pagar o que realmente lles corresponde pola utilización privativa do domínio público local mediante as instalacións ou redes de subministro, que atravesan o territorio do noso concello.
Ademáis e en consonancia coa situación de descontento xeralizado pola alta subida do IBI,o BNG vai instar á realización dunestudo da incidencia que sobre a recadación tivo a revisión catastral e a recente fixación de importes mínimos exentos de tributar. E tamén a que se analice se, conforme a lexislación vixente, habería marxe para aplicar unha reducción ou bonificación xeral nos impostos ou revisión das taxas municipais, sobre os que teña competencia, para mitigar a cárrega fiscal que soportan os coletivos sociais mais vulnerábeis.