O BNG advirte do perigo nas vías interiores de Rebordelo polo paso de vehiculo de gran tonelaxe

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Vimos de ver como nos últimos días vehículos de gran tonelaxe atravesaron lugares da parroquia de Loureiro guiados polas ferramentas tecnolóxicas de localización actuais causando deterioros tanto na vía pública como en bens veciñais. Situación que pode voltar a ocorrer se non existe unha sinalización clara que aporte a información precisa para os profesionais da conducción, sobor de todo cando non son propios do Concello de Cerdedo-Cotobade.

Así pois, aproveito para reclamar a colocación de sinais de limitación de vehículos de gran tonelaxe nos accesos á estrada que atravesa o nucleo de Chan do Beseiro da parroquia de Loureiro.

Aproveito para, de novo, solicitar que se convoque a Xunta de Portavoces a fin de tratar este e outros temas de calado para a veciñanza de Cerdedo-Cotobade.

Quedamos á espera de pronta resposta.