Reactivación atención sanitaria

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira reclama activar a atención presencial nos Centros de Saúde de Cerdedo-Cotobade.

Ernesto Filgueira: “No BNG entendemos que a Atención Primaria é a primera barreira para a situación de pandemia actual polo que pedimos que sexa reforzada con máis medios profesionais e materiais para que poida responder ás necesidades de saúde da nosa veciñanza”.

Ernesto Filgueira, portavoz municipal do BNG, ben de recoller as queixas e reclamacións de veciñas e veciños coincidentes na dificultade de acceder físicamente a unha consulta co seu médico de familia nos Centros de Saúde da localidade, pois, ademáis da covid19 hai outras potoloxías e necesidades que tamén requiren de atención profesional médica. Esta situación agravada pola saturación da atención telefónica, concesión de citas de xeito tardío, sobrecarga de traballo do persoal sanitario e unha poboación especialmente maior a de Cerdedo-Cotobade fai que o BNG decida presentar unha MOCIÓN para reclamar do Pleno apoio para instar á Xunta de Galiza a realizar de inmediato todas as accións precisas que activen a atención presencial na Atención Primaria para dar unha resposta digna ás necisidades da veciñanza. Ademáis, solicítase o aumento de profesionais que sexa preciso para permitir aumentar o tempo e a calidade da atención asistencial; e instan a aumentar os orzamentos destinados á Atención Primaria, así como outras peticións encamiñadas a reverter a situación límite na que se atopa o sistema sanitario logo de 11 anos de recortes e privatizacións do Partido Popular.

Ernesto Filgueira: “Preocúpanos que a sanidade colapse, especialmente os poucos servizos que temos no rural, por iso agardamos de Cubela e do seu goberno apoio para trasladar estas demandas á Xunta de Galicia”.