Filgueira insta ao Alcalde a cumplir co aprobado en Pleno e retirar a simboloxía franquista dos bens públicos

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O abaixo firmante, Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta:

A finais de Xaneiro de 2020 foi debatida en pleno a proposta do BNG a “moción: cumplimento da lei da memoria histórica” na que instábamos a eliminar toda a simboloxía de exaltación da ditadura franquista no concello e concretamente dos símbolos falanxistas nas fontes públicas, edificios e outros bens públicos e mesmo de mencións conmemorativas da exaltación de sublevación militar, da guerra civil ou da represión da ditadura. Esta proposta foi rexeitada pola equipa de goberno escudándose en que non contaban de fondos para dita actuación. A finais de novembro de 2021 unha segunda moción levada a pleno resultou aprobada coa abstencion do PP.

Así pois, a Deputación acaba de facer pública unha segunda convocatoria dunha liña de axudas para a eliminación de simboloxía franquista dos espazos públicos e camiñar cara a normalidade democrática.

-Ten o goberno coñecemento desta liña de axudas?

-Ten o goberno interese real de retirar a simoboloxía franquista dos bens públicos municipais?

-Ten o goberno a intención de dar cumplimento á Lei de Memoria Histórica e cumprir coa moción aprobada en pleno o pasado novembro?

-Comprométese o goberno a solicitar estas axudas e actuar en consecuencia?

-Quere o goberno facer de Cerdedo-Cotobade un concello cuios valores democráticos dignifiquen a memoria das vitimas da ditadura?

Quedamos á espera de prontas respostas.