Ernesto Filgueira urxe ao Alcalde a non demorar a entrega dos os terreos á Deputación necesarios para a reforma da estrada de Almofrei

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta a seguinte PREGUNTA instando á súa resposta:

En novembro de 2019 o Pleno do Concello de Cerdedo- Cotobade aprobou -coa abstención do PP- unha moción do BNG na que se instaba á Deputación de Pontevedra a acometer unha reforma integral da estrada dende o inicio, á altura da PO-233 até o seu final na igrexa parroquial, seguindo os criterios de mobilidade e seguranza viaria recollidos no Plan de Mobilidade Provincial, prestando especial atención á redución de curva, calmado de tráfico e seguranza viaria para peóns e ciclistas”.

En xuño de 2021, a Deputación redacta un proxecto de perto dun millón de euros que daría solución aos problemas existentes nesa estrada e para o que era necesario que o Concello puxese á disposición os terreos necesarios para executar a obra.

A marzo de 2022, os terreos aínda non foron postos a disposición da Deputación, polo que se dilatará a reforma da estrada de Almofrei, polo que preguntamos:

Cando ten previsto o goberno local por a disposición do Deputación de Pontevedra os terreos necesarios para executar o proxecto de reforma integral do vial EP-0405 dende a PO-233 até á igrexa de Almofrei?

Quedamos á espera de prontas respostas.