Ernesto Filgueira condena a situación de abandono na que se atopan os petróglifos de CERDEDO-COTOBADE

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

ERNESTO FILGUEIRA CONDENA A SITUACIÓN DE ABANDONO NA QUE SE ATOPAN OS PETRÓGLIFOS DE CERDEDO-COTOBADE

Ernesto Filgueira: “A veciñanza asiste impasible ao esmorecemento da diversidade rupestre ano tras ano ante a falla de coidados, incendios, agresións nas talas, … debido ao desleixo das administracións por protexelos, incentivar a súa valorización e convertelos nun atractivo cultural e turístico que dinamice a economía local”.

O BNG de Cerdedo-Cotobade foi informado recentemente por un veciño dunha agresiva acción de limpeza na vía que une a N-541 á Carballeira do San Xusto na cal se actuou a escasa distancia dunha laxe de petróglifos declarados BIC. O BNG entende que este feito tivo lugar pola falla de atención, limpeza e coidados que as laxes de arte rupestre merecen por parte das administracións responsables da súa xestión. Diante destes feitos, o BNG acaba de rexistrar unha moción para acadar do Pleno o apoio maioritario para que o Alcalde esixa da Xunta de Galiza a atención, coidados e posta en valor que estos bens esixen, dada a situación de abandona e maltrato na que se atopan.

Ernesto Filgueira: “Os gobernos do PP da Xunta de Galiza e do noso Concello levan anos sen preocuparse dos Petróglifos e son os seus responsables do seus destrozos, en moitos casos de nitivos pola súa neglixente pasividade”.

As terras de Cerdedo-Cotobade son especialmente sensibles á concentración de bens arqueolóxicos, especialmente petróglifos, que se ben se atopan repartidos polo conxunto do concello certo é que existe unha importante e destacada concentración dos mesmos ás beiras do río Lérez. A maior parte das laxes foron catalogadas décadas atrás, proceso que aínda continúa esporádicamente grazas á laboura de investigación por parte de particulares especialistas nesta materia.

Habida conta da importancia dos mesmos pola riqueza e diversidade dos gravados existentes -algúns deles BIC- para o BNG estos deben ser considerados como un arte de nitorio e un elemento de identidade para a cultura e a actividade turística sostible de Cerdedo-Cotobade. E tendo en conta a situación de abandono e a falla de limpeza e atención da que teñen dereito, por méritos propios, como Bens de Interese Cultural; o BNG solicita do Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade aprobar a seguinte Moción instando á Xunta de Galiza a:

  1. Reclamar un plan de limpeza perimetral das laxes de petróglifos cun protocolo
    acaido a este tipo de arte rupestre.
  2. Solicitar a actualización do inventario de arte rupestre protexido localizado no
    concello.
  3. Reclamar un plan de actuación de posta en valor das laxes de arte rupestre con
    vaiados, estacións de observacións e sinalización.
  4. Habilitar un Centro de Interpretación adicado ao Arte Rupestre de Cerdedo-
    Cotobade na contorna da Laxe do Cuco, da Portela da Cruz, da Laxe das Rodas e
    do Lombo da Costa; próximas á Carballeira do San Xusto.
  5. Articular unha estratexia de creación de Identidade de Marca e unha campaña
    de promoción turística dirixida por Turismo de Galicia.