O BNG denuncia que o Alcalde perdeu 3079€ da Deputación necesarios para o arranxo urxente do Cruceiro de Barreiros de Loureiro

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta:

O Cruceiro de Barreiros da parroquia de Loureiro presenta un serio risco de derrube o que suporía unha perda importante do patrimonio socio-cultural de fondo arraigame e tradición local. Así pois e tralas denuncias da veciñanza, o BNG considera que debe ser arranxado, conforme a criterios técnicos para salvagardalo para xeracións vindeiras. Segundo o que consta, a Deputación concedeulle unha subvención ao concello por importe de 3.916,77€. Malia todo, o goberno local xustificou 837,32€ en concepto de proxecto perdendo así 3079,45€ e con eles a posibilidade urxente e necesaria de porlle solución ao afundimento que presenta a base coa respectiva inclinación do fuste e cruz.

-Por qué o goberno local perdeu esta subvención tan necesaria para o malogrado cruceiro?

-Por qué o goberno local non xustificou en tempo e forma o total da subvención?

-Ten o goberno local a intención de levar a cabo unha pronta intervención que evite o derrubamento do crucero? Se é así cales son plazos previstos e en que orde de axudas ou partida orzamentaria local fica previsto?

-Se non teñen a intención de arranxalo, pode o goberno local explicar a súa falla de esforzo para con este elemento patrimonial?

Quedamos á espera de prontas respostas.