O BNG enche o Multiusos de Cerdedo e promete un concello participativo, aberto á veciñanza e anuncia un Plan de Rescate ao Asociacionismo Municipal 

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O candidato á alcaldía de Cerdedo-Cotobade, Ernesto Filgueira, acompañado pola candidata Rosa Garrido, veciña de Chamadoira, e polo candidato Alberto Cadavid, veciño de Cerdedo, abriron na tarde de onte a xeira de actos abertos previstos para a campaña no Multiusos do Centro Cultural de Cerdedo. Durante a tarde, os integrantes da candidatura nacionalista levaron a cabo un reparto porta a porta falando coa veciñanza e, segundo di Filgueira “informándoos das propostas do BNG para abrir un tempo novo en Cerdedo-cotobade e convidándoos ao acto das 19h no centro cultural”.

A candidata Rosa Garrido agradeceu aos veciños e veciñas a súa asistencia e informou “que para o BNG é prioritario defender a vida no rural, o dereito a vivir das actividades agrogandeiras e desfrutar duns montes libre de eólicos”. Pola sua banda, Alberto Cadavid destou a necesidade de “extender a fibra óptica a todos os recunchos das parroquias para que os mozos e as mozas pero tamén os pequenos empresarios e autónomos teñan unha conexión a internet propia do século XXI, que garanta a súa competitividade e as interrelacións sociais a través do mundo dixital”.

Pechou a quenda de intervencións o candidato da formación nacionalista, Ernesto Filgueira, quén reflexionou sobre a importancia de abrir e domocratizar a vida veciñal, diversificar a oferta cultural, crear espazos seguros para os mozos e as mozas e levar a cabo un plan de rescate do texido asociativo existente no concello a través dunha maior dotación económica e a posta en marcha dun programa de actividades interparroquiais. Explicou Filgueira que “temos que abrir e dinamizar as casas do pobo, xerar movemento entre parroquias e darlle futuro ás asociacións xa que son o verdadeiro motor da vida social de Cerdedo-Cotobade”.