Coñece a candidatura que lidera Ernesto Filgueira ás eleccións municipais de 2023 e as claves do programa de goberno do BNG

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira presenta a súa candidatura ofrecendo traballo, diálogo e xestión. Presenta un equipo de mulleres e homes con preparación, capacidade de traballo e entusiasmo, cun proxecto claro e realizábel que parte da propia realidade municipal para transformala a mellor. Un grupo de persoas que levan anos demostrando a súa valía e o seu comprimiso con Cerdedo-Cotobade.

O candidato á alcaldía mostrouse convencido que outro Cerdedo-Cotobade é posíbel, un Cerdedo-Cotobade con máis diálogo, máis transparencia, e máis decisión para defender o concello e mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas. 

“Estou orgulloso do capacidade de traballo e da ilusión do meu equipo. Queremos e necesitamos un Cerdedo-Cotobade con máis e mellores servizos, un Cerdedo-Cotobade que atenda á xente maior e lle ofreza á mocidade posibilidade de futuro, un Cerdedo-Cotobade que, en vez de ir a menos, vaia a máis”, concluíu o candidato nacionalista á alcaldía.

“As mulleres e os homes que me acompañan son representativas das diferentes parroquias de Cerdedo-Cotobade e moitas delas integradas no tecido asociativo do concello. Ao groso do equipo que fixo parte da candidatura de 2019, continúan e ademáis aportando máis experiencia, solvencia e compromiso co proxecto. Tamén se integran novas persoas cargadas de forza, xuventude e pasión por facer de Cerdedo-Cotobade un concello máis vivo, máis apegado á terra e ás necesidades da nosa veciñanza e levalo ao século XXI” dixo o candidato Ernesto Filgueira.

 

Listado de candidatas e candidatos:

2. Margarita do Rocío Graña Tapia. Tenorio. Traballadora da sanidade pública.

3. Anxo Santomé Fentanes. Viascón. Traballador autónomo no sector do turismo. 

4. Alberto Cadavid García. Cerdedo. Traballador na industria química.

5. Lucía Aguete Iglesias. Viascón. Traballadora da sanidade pública. 

6. Víctor José Rivas Villa. Carballedo. Ilustrador e deseñador gráfico.

7. Sandra Fentanes Canda. Valongo. Transportista profesional.

8. Joám José Romero Durán. Viascón. Economista. 

9. Gloria Malvar Fraguas. Loureiro. Pensionista. 

10. Antón Mouriz Fernández. Borela. Coordinador de MANAIA, Asociación Galega de Adopción e Acollemento. 

11. Mucha Moa Bouzas. Quireza. Xubilada da sanidade pública. 

12. Xoán Antelo Suárez. Cerdedo. Traballador do sector químico. 

13. Iria Riveiro Baltasar. Corredoira. Técnica de atención aos maiores.

14. Xosé Riveiro Vidal. Corredoira. Xubilado da hostalaría.

15. Monse Fernández Arén. Quireza. Mestra.

16. Carlos Gómez Cobas. Tenorio. Traballador do sector da automoción.

17. Rosa Garrido Tato. Chamadoira. Traballadora da hixiene hospitalaria.

18. Lino Moreira Caramés. Almofrei. Axente forestal.

19. Nuria González Peleteiro. Tenorio. Responsábel de servizos financieiros.

20. Delmiro Durán Garrido. Aguasantas. Xubilado da Administración de Xustiza.

21. Ana Carmen Moa Bouzas. Tomonde. Xubilada.

22. Alberto Nogueira Pérez. Valongo. Funcionario de prisións.

23. Sindo Penelas García. Rebordelo. Traballador da sanidade pública.

 

Liñas estratéxicas do programa de goberno do BNG

  • CONVIVENCIA, IGUALDADE E SOLIDARIEDADE

-Humanización das prazas e contornas históricas dos lugares e crear núcleos de centralidade en cada parroquia con dotación de equipamentos deportivos e parques biosaudábeis, para recuperar a vida social e a convivencia interxeracional.

-Programa da Voz Propia da Mocidade (VozMoza). Un programa centrado n@s nen@s e adolescentes para dotalos dos seus espazos, recoller as súas demandas, facelos partícipes das políticas municipais e convertilos no centro da programación das actividades das parroquias. Darlles voz.

-Plan de rescate ao asociacionismo municipal a través dun programa de axudas económicas que beneficie ás asociacións folclóricas, veciñais, deportivas e culturais.

-Mellora da atención municipal aos nosos maiores e as persoas dependentes.

  • SERVIZOS PÚBLICOS E INFRAESTRUTURAS

-Defensa da Sanidade Pública: atención primaria nos Centros de Saúde do concello de calidade con atención de profesional, médico todos os días, reforzo do persoal de enfermaría e mellora da atención pediátrica e de matrona.  En definitiva, apostamos por políticas sanitarias que amplíen a dotación de recursos e poñan en valor a importante laboura do persoal sanitario.

-Programa de políticas sociais centradas na diversidade e na pluralidade sexual, funcional e cultural das veciñas e veciños de Cerdedo-Cotobade. Políticas que promovan a igualdade, a integración, a defensa e coidado dos menores, a apoio das persoas en risco de exclusión social, a loita polos dereitos da muller. Servizos Sociais de calidade.

-Fibra Óptica 100% no territorio municipal. Merecemos un concello conectado ao século XXI: estender a fibra a todos os lugares e parroquias para que particulares e empresas dispoñan da infraestructura dixital necesaria favorecendo o desenvolvemento da vida social, e a as actividades educativas, culturais e económicas. Unha rede de internet inclusiva e que responda ás necesidades tecnolóxicas propias do século XXI.

-Plan de investimentos para a mellora integral da rede de saneamento municipal no que se priorice a reposición das tubaxes e arquetas deterioradas, a separación das augas fecais das pluviais e a substitución das precarias decantadoras actuais que seguen a verter ao espazo público e natural. Estender o saneamento aos barrios e lugares que non contan co servizo para rematar coa desigualdade veciñal.

-Axenda de Mobilidade Municipal (AMOM). Consiste na posta en marcha dun plan de actuacións nos viais que atravesan o concello priorizando a mobilidade segura e accesíbel con travesías adaptadas á realidade de cada lugar, tendo a mobilidade peonil e o tránsito de ciclistas como prioridade a fin de garantir, ademáis da seguridade, a convivencia entre a veciñanza e o paso dos vehículos rodados.

-Parroquias Interconectadas a Demanda. Sistema de transporte público baixo demanda entre a poboación residente nos diversos núcleos das parroquias e os núcleos de servizos, dentro do término municipal o nos concellos colindantes. Servizo que ten como obxectivo favorecer a mobilidade á carta, facilitando o transporte aos destinos requeridos, partillando a viaxe con outros pasaxeiros con destinos ou traxectos próximos, en vehículos de baixa capacidade. Sistema articulado preferentemente, a través dun servizo de taxi. Priorizaranse os desplazamentos a equipamentos sanitarios e de carácter asistencial ou de servizos básicos.

-Plan anual de acondicionamento dos viais municipais e dos espacios públicos de lecer. Tanto as beirrrarúas, como as prazas públicas, as áreas recreativas fluviais, os merendeiros, os parques infantís, e outros espazos de recreo contarán con actuacións de limpeza e acondicionamento programadas. 

-Plan Enerxético de Autoxeración Social (PEAS). Merecemos un modelo enerxético acaído as nosas necesidades e que respeite o medio natural e a vida social e económica das nosas aldeas. Un modelo que priorice a participación pública, que fomente a autoxeración e autoconsumo, as comunidades enerxérticas e as empresas e iniciativas locais. Apostar pola enerxía renovábel pero de xeito eficiente, sostíbel e sempre en función das necesidades e interesas da todas e todos. Loita contra o modelo eólico das grandes enerxéticas impulsado e apoiado pola Xunta do PP.

  • CONCELLO ABERTO E CON FUTURO

-Concello Aberto. Promover a participación viciñal en todos os ámbitos da vida municipal e institucional para aumentar a transparencia da xestión pública, a democracia có fin de establecer sólidos lazos colectivos en prol do desenvolvemento social, cultural e económico de Cerdedo-Cotobade.

-Plan Estratéxico Integral que estableza obxectivos nos distintos ámbitos: insitucional, económico, social, medio ambiental, demográfico e deseñe as medidas a tomar e avalúe o seu cumprimento. Todo có fin de fixar poboación, crecer de forma ordenada, crear un tecido empresarial que aumente as oportunidades de emprego de calidade, e desenvolver todas as nosas potencialidades como concello con enormes recursos naturais, diverso patrimonio histórico, excelente situación xeográfica e un pobo que necesita un proxecto coletivo ilusionante que nos enganche a todas e todos e nos devolva a confianza en nós mesmos.

-Administración electrónica. Ampliación dos servizos e información disponibel, actualización e mellora da páxina web municipal.

-Consello Interparroquial: órgano para recoller as necesidades e inquedanzas de todas e cada unha das parroquias e lugares de Cerdedo-Coitobade no que deberán estar representadas todos os colectivos e asociacións representativas da sociedade: comunidades de montes, asociación veciñáis, culturais, de augas, musicais, deportivas, de mulleres, mocidade, etc.

-Creación do Consello Municipal da Muller como foro de debate das necesidades e cuestións que afectan en especial a metade da poboación de Cerdedo-Cotobade.

-Crear o Consello Municipal da Mocidade como foro de representación da mocidade e onde se debatan e propoñan melloras dirixidas a facer máis doada a vida de mocidade no rural.

-Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética nas intalacións, parque móvil e servizo de alumeado público do concello.

  • ECONOMÍA, EMPREGO E VIVENDA

-Sector Primario: Rural Vivo coa posta en marcha dun proxecto que favoreza a sustentabilidade económica, social e ambiental das explotacións agrogandeiras e das pequenas e medianas empresas agroalimentarias do concello

-Industria. Aposta decidida pola creación e apoio dun tecido empresarial de proximidade sostíbel, que respeite a contorna e a vida do noso rural utilizando a modificación das normas urbanísticas para permitir o asentamento empresarial de xeito ordenado nas parroquias. Programa de atracción de investimentos e proxectos industriais que xeren emprego de calidade no noso concello e respeiten o medio natural.

-Comercio e Servizos: Programa de impulso ao asentamento de pequenos negocios do sector servizos que tanta falta fan no noso concello para evitar a necesidade de desprazarse a cidade. Recuperación dos servizos bancarios para o concello.

-Plan de Impulso do Emprendimento preferenciando os proxectos que empreguen recursos humanos ou materiais presentes no noso territorio, e os coletivos máis desfavorecidos, a mocidade, as mulleres, as persoas desempregadas, as pesoas en risco de exclusión social, etc.

-Parque de Vivenda Pública. Aumentar o parque de vivenda de promoción pública que facilite a emancipación da mocidade e resolva os problemas de acceso à vivenda daqueles coletivos sociais nunha situación económica máis desfavorabel.

-Feira de Produtos Locais. Estabelecer con periodicidade mensal unha feira de produtos, produtores e negocios locais para a sua promoción comercial. O lugar poderia ser itinerante polas distintas parroquias do concello.

  • CULTURA E MEMORIA HISTÓRICA

-Axenda Cultural e Programación de Eventos anual en todas as parroquias e para todas as idades apostando pola diversidade cultural, a creación artística e o disfrute do patrimonio das tradicións propias coa interrelacións da veciñanza entre parroquias.

-Plan Municipal de Normalización Lingüística dirixido preferentemente à mocidade residente no concello.

-Programa Municipal Integral de promoción da Cultura Galega atendendo a as suas dimensións histórica, musical, patrimonial, etnográfica, etc.

-Museo Etnográfico Municipal que recolla o rico e diverso patrimonio etnográfico das terras de Cerdedo e Cotobade.

-Eliminación dos escudos, insignias, placas e outros obxectos, ou mencións conmemorativas e de exaltación da sublevación militar, da guerra civil e da represión da ditadura franquista a fin de camiñarmos cara unha sociedade máis democrática e respectuosa coa memoria das persoas represaliadas e a das súas familias.

  • TURISMO, NATUREZA E DEPORTES

-CERCO TURISMO Ecoturismo Sostíbel. Plan de desenvolvemento turístico municipal baseado na proteción, posta en valor e comercialización dos recursos propios do concello. Modelo ordenado de potenciación dos valores naturais, forestais, arqueolóxicos e etnográficos, con impactos mínimos sobre a idiosincrasia local e que teña como obxectivo prioritario a creación de riqueza nas parroquias.

-Plan de Recuperación Medioambiental. Desenvolver as accións precisas en colaboración coas Comunidades de Montes para levar aos nosos montes a un modelo de ordeación sostible promovendo a diversificación dos usos do solo e potenciando plantacións autóctonas en detrimento de monocultivos invasores e pirófitas.

-Plan de Infraestructuras Deportivas e Apoio Económico. É preciso dotar ao concello de novos e modernos pavillóns con xinasio e equipamentos multidisciplinares así como desenvolver un programa de reforzo económico que impulse ás equipas e escolas deportivas do concello, promova a práctica de novas modalidades deportivas, nomeadamente as relacionadas có noso rico medio natural, e outras disciplinas con maior dotación económica e facilitar a organización de probas de competición que discurran íntegramente no concello.

Aquí podes ver o boletín do BNG coas últimas novas!