O BNG presenta alegacións ao proxecto do Parque Eólico Ampliación Penizas 

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

 O candidato á alcaldía de Cerdedo-Cotobade, Ernesto Filgueira, acompañado por membros do Concello Local do BNG, vén de rexistrar na Xunta de Galiza as alegacións alegacións da formación nacionalista ao proxecto eólico Ampliación Penizas que afecta á parroquia de Tomonde, en Cerdedo-Cotobade, e Liripio, Castrelo, Quintillán pertencentes aos concellos de Forcarei e A Estrada. A empresa promotora do proxecto eólico é Greenalia Wind Power As Penizas SLU e ten como obxectivo instalar unha potencia de 10 MW a partires da colocación de dous xeradores de 175m de altura, segundo o anuncio aparecido no DOG do pasado venres 17 de marzo.

Un proxecto que se suma aos xa en tramitación como son A Rula, Tramontana, Sirico, Pedra longa e Cabanelas ademáis da aprobación, recibida “in extremis” pola Xunta a pasada semana, para a construción dos parques eólicos Os Cotos, Porto Vidros, Campo das Rosas, Monte Festeiros, As Penizas e Touriñán III-2.

“Todos na mesma zona e todos rexeitados pola veciñanza, tendo en conta que a presión e a acumulación de parques eólicos na zona e na bisbarra con liñas de alta tensión, subestacións, apertura de pistas, … faise insoportábel de aceptar xa que son incompatíbeis coa vida nas parroquias e as actividades agrogandeiras e de turismo sostíbel claves para Cerdedo-Cotobade” di, moi cabreado, o candidato á alcaldía Ernesto Filgueira.

“Abonda xa do desprezo do PP ao noso concello. Abonda xa que o PP tente destruir a nosa paisaxe, os nosos mananciais, a nosa flora e a nosa fauna. Non queremos ser un mega-polígono eólico ao servizo das grandes enerxéticas amigas dun PP que xa está consumar o maior atentado contra Cerdedo-Cotobade coma nunca noutra se vira”, afirmou o portavoz municipal e candidato á alcaldía polo BNG, Ernesto Filgueira.