O BNG esíxelle ao PP a normalización de uso de todas as Casas do Pobo pendentes da nova cesión

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta a seguinte PREGUNTA instando á súa resposta:

O grupo local do BNG de Cerdedo-Cotobade manifestou públicamente a urxencia de normalizar a cesión das Casas do Pobo de Aguasantas, Tenorio, Almofrei, Caroi, Borela, Pedre e Rebordelo tal e como aparece na proposta rexistrada no concello o pasado 9 de xaneiro. Rematar coa inseguridade xurídica e darlle seguridade á veciñanza para o seu uso é fundamental para a actividade social das parroquias afectadas. Non obstante, ao presente pleno soamente se somenten á aprobación da corporación a cesión de tres das seis casas do pobo afectadas, polo que O BNG insta ao goberno local a: -A que se debe que non veña a pleno a cesión das casas do pobo de Tenorio, Rebordelo e Almofrei, entre outras?

O BNG solicítalle ao goberno local:

-A que se debe que non veña a pleno a cesión das casas do pobo de Tenorio, Rebordelo e Almofrei e Borela?

Quedamos á espera de prontas respostas.