
O BNG reclama á Xunta un plan integral para protexer e poñer en valor a arte rupestre de Cerdedo-Cotobade
#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel
#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel
O concello de Cerdedo-Cotobade conta cunha extraordinaria concentración de patrimonio arqueolóxico rupestre, con estacións repartidas por algunhas das parroquias de Cerdedo Cotobade, entre as que destacan as de Outeiro Lombo da Costa, Fentáns, Viascón, Aguasantas, Pedre, Valongo, Cerdedo, Figueroa, Quireza, Tomonde, Lourido, Carballedo e San Xurxo, así como os castros da Cividá e de Aguasantas.
Segundo sinala o deputado nacionalista, a amplitude e riqueza deste patrimonio “sobarda a capacidade de xestión dun concello, polo que é necesaria a implicación directa da administración autonómica mediante plans territoriais de actuación que garantan a súa protección e permitan o seu aproveitamento social, educativo e turístico”.
Neste sentido, o deputado do BNG considera que Cerdedo-Cotobade debería integrarse nun proxecto territorial arredor da marca Arte Rupestre do Val do Lérez e da ría de Pontevedra, que inclúa tamén os concellos de Campo Lameiro, Ponte Caldelas, Poio, Pontevedra e Marín.
A través desta iniciativa, Luis Bará pregunta á Xunta cal é a súa valoración sobre o estado actual de conservación e promoción da arte rupestre no concello, que actuacións ten previstas para colaborar coa administración local e se considera de interese desenvolver un proxecto integral de protección, conservación e posta en valor deste conxunto arqueolóxico singular.
“O patrimonio rupestre é un recurso cultural de primeiro nivel que precisa planificación, investimento e visión de país para garantir a súa preservación e difusión”, conclúe o deputado do BNG.
INICIATIVA PARLAMENTAR NON LEI PARA O SEU DEBATE NO PLENO DO PARLAMENTO:



