O BNG reclama do Alcalde atención ao mal estado da praza e da Fonte de Cabanelas, Viascón

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta as seguintes PREGUNTAS instando á súa resposta:

A veciñanza do lugar de Cabanelas ten manifestado, de xeito reitado, a falla de limpeza da fonte e lavadeiro ubicada na plaza. Así pois, atópase cuberta por vexetación, as augas do lavadeiro estancadas e con cheiros, os regos cheos de arxilas ... o seu é un estado lamentábel.

A que se debe que o goberno local non atenda en bo estado o patrimonio público da plaza de Cabanelas? Por qué o goberno ten a fonte e a súa contorna habitualmente sen limpar? Cando vai limpar o goberno a fonte e a súa contorna?

Quedamos á espera de prontas respostas.