O BNG solicita acometer con urxencia melloras na estrada que une a PO-235 coa igrexa de Loureiro

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O portavoz do BNG, Ernesto Filgueira, solicitoulle ao alcalde de Cerdedo-Cotobade a elaboración, con carácter de urxencia, dun proxecto de mellora e humanización do vial que une a PO-235 coa igrexa de Loureiro, que na actualidade está nunha situación moi deficiente, con riscos para as persoas.

“Para nós é imprescindíbel a consolidación da pavimentación lateral de cemento (que ten risco de derrube), a colocación de elementos protectores diante do desnivel existente, a creación dun paso de peóns, a canalización das pluviais e a mellora da iluminación pública”, citaba Ernesto Filgueira.

“O arranxo desta estrada debe servir, tamén, para crear unha praza de centralidade entre as vivendas e a igrexa parroquial, dotada de mobiliario urbano”, afirmou o portavoz nacionalista.