O PP segue a esconder a carta enviada á directora de planificación enerxética da Xunta

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta o seguinte ROGO instando á súa resposta:

En diversos medios de comunicación, Jorge Cubela manifestou, a comezos de Xaneiro de 2022, que lle enviaría unha “dura carta” á Directora Xeral de Planificación Enerxética da Xunta de Galiza no marco de diversas actuacións en repulsa contra o proxecto eólico dos Cotos. Asemade, fixemos un rogo no pasado pleno de xaneiro pedindo ao goberno que a fixera pública aínda que sen éxito até o de agora.  Rogo:

-Dende o BNG instamos a Jorge Cubela, máis unha vez, a “facer pública” a “dura carta” enviada á Directora Xeral de Planificación Enerxética da Xunta.

Quedo á espera de prontas respostas.