Trala reunión do BNG coa veciñanza de Almofrei, Filgueira leva a Pleno as súas demandas para a parroquia

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira Touriño, portavoz do BNG no Concello de Cerdedo-Cotobade presenta aos seguintes ROGOS instando á súa resposta:

Logo dunha asemblea mantida con responsábeis das entidades sociais e veciñais da parroquia de Almofrei, o BNG recolle unha serie de demandas que precisan de atención por parte do goberno local.

-Instalación de luces leds nas farolas ubicadas no adro da igrexa parroquial.
-Instalación dunha Illa para os colectores existentes na Xesteira que evite a perigosidade viaria que supón o movemento dos mesmos cara o vial PO-233 que atravesa o lugar.

-Solicitamos un Plan de Mellora Integral na Casa do Pobo de Almofrei e se dote de fiestras de illamento térmico.

-Mellora (de novo) da capa de rodadura do vial Arrotea-Xesteira que garanta a seguridade viaria na mesma.

Quedamos á espera de prontas respostas.