Problemas de accesibilidade e seguranza viaria na N-541 ao seu paso por Calvelo

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O portavoz municipal do BNG en Cerdedo-Cotobade, Ernesto Filgueira, e o responsábel local, Anxo Santomé, acompañados de veciñanza afectada veñen de presentar no rexistro da sub- delegación do goberno un escrito dirixido á sub-delegada, Maica Larriba, no que lle urxe que o goberno do Estado solucione os graves problemas de accesibilidade e seguranza viaria na N-541 ao seu paso polo lugar de Calvelo, onde “día a día os veciños e veciñas se xogan literalmente a vida ao cruzar a estrada”, a rmou o portavoz nacionalista Ernesto Filgueira.

Filgueira xo ncapé na contradición que supón que desde a DXT se estén a levan a cabo medidas contrastadas e e caces para mellorar a seguranza viaria, mentres estradas dependentes do Estado, como a N-541, son un verdadeiro perigo para a poboación.

Ernesto Filgueira lémbralle á sub-delegada que a totalidade da corporación municipal de Cerdedo-Cotobade, así como da veciñanza afectada, está a reivindicar a adopción das seguintes medidas:

  • A creación dun paso elevado que permita a comunicación dos dous lados de Calvelo.
  • A creación dun carril de incorporación dirección Ourense á altura do café Obelix.
  • A creación dunha plataforma peonil paralela á estrada, que garanta o acceso seguro dende Calvelo até Tenorio, onde se atopan os servizos básicos coma o supermercado, a carnicería, o centro de saúde ou os centros escolares.
  • A maiores, o estreito arcén da estrada e unha marquesiña que se asulaga cando chove crean problemas engadidos de accesibilidade e seguranza, que afectan de forma especial aos nenos e nenas e ás persoas maiores que utilizan este arcén e a marquesiña.

Consideramos de xustiza que o goberno do Estado atenda estas xustas demandas e solitamos de vostede -como representante do mesmo en Pontevedra- que se dirixa ao ministerio de Fomento para que solucione no menor de tempo posíbel os graves problemas de accesibilidade e seguranza viaria da N-541 ao seu paso por Calvelo.

Cerdedo-Cotobade, a 9 de marzo de 2022.