Acción Social e Cultural CERCO aborda nunha charla-coloquio o futuro da música e o baile tradicional

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Venres 22 de outubro ás 20 h. no auditorio do Centro Cultural de Cerdedo

Este Outubro, a Asociación CERCO, vencellada ao BNG e enfocada cara a Acción Social e Cultural de Cerdedo_Cotobade”, recupera a súa actividade despois do periodo de paro forzoso ocasionado polas restricións derivadas da pandemia da COVID 19, e faino cunha palestra sobre a “realidade e futuro da música e o baile tradicional”, o vindeiro venres 22 de outubro ás 20 h. no auditorio do Centro Cultural de Cerdedo.

O presidente de Cerco, Victor Rivas, xunto aos demais membros da xunta directiva, Antón Mouriz, Lucía García, Joam José Romero, Delmiro Durán e Ernesto Filgueira, presentou o evento no que participarán a ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS, representada por Alberto Pires Lage (Membro da directiva), PANDEREITEIRAS DO VAL DO LÉREZ DE QUIREZA, representada por Remigia Moa Bouzas (Secretaria), AFOUTES DO CANÓN DE PAU, representada por Nicolás López Jar (Presidente), BANDA DE GAITAS FOULA, representada por Miguel Fraguas (Integrante) e ABRENTES DE CERDEDO, representada por Manuel Campos (Representante). Ademáis, cómpre sinalar que a pesares de estar convidados Os Trazantes de Tenorio, e os gaiteiros e veciñ@s Sonsoles Martínez de Tenorio e Xandre Outeiro de Castro, non forman parte do encontro debido a ocupacións profesionais.

O obxectivo do encontro -sinalaron os organizadores- é “analizar e debater sobre a situación actual do sector da música e o baile folclórico no noso concello trala situación extraordinaria da pandemia e albiscar solucións e propostas para o futuro do sector”.

Segundo apuntou Víctor Rivas: “O noso obxectivo é desenvolver eventos todos os meses no marco do proxecto global de acción cultural e social que queremos levar a todas as parroquias do concello, abordando temas de actualidade e interese que afecten á vida da veciñanza así como actividades culturais, sociais e de lecer que poñan en valor a vida, as tradicións e as xentes das parroquias do noso concello”.

“Dende a directiva animamos ao conxunto da veciñanza e ao tecido asociativo a participar e colaborar nos actos previstos a n de diversi car a oferta cultural e de lecer programada para todos os segmentos de idade, dende as crianzas ate os máis maiores”, armou Rivas.