O BNG organiza unha charla-coloquio sobre Enerxía Social en Carballedo (Cerdedo-Cotobade)

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Terá Lugar o venres 14, ás 21 h. no Multiusos.

O BNG de Cerdedo-Cotobade continúa coa súa campaña informativa sobre os eólicos, e faino coa coa celebración dunha charla-coloquio a cargo de Xosé Manuel Golpe, técnico en enerxías renovábeis, que falará sobre “Enerxía social, Autoconsumo e comunidades enerxéticas”, que terá lugar mañá, venres. ás 21 h. no Multiusos de Carballedo, a que  convida a asistir a toda a veciñanza.

O BNG de Cerdedo-Cotobade, está a realizar desde hai semanas charlas e repartos informativos nas parroquias máis afectadas sobre o impacto dos parques proxectados, e xa alegou contra o Parque eólico das Rosas (Quireza, A Estrada e Campolameiro). Lembramos que na actualidade está en fase de alegación de Porto Vidro (Corredoira, Santa María, San Bernabé, Bugarín e Quireza) e vén de sair a exposición publica os megaparques de Tramontana e Siroco, tramitados polo Estado.

O obxectivo desta campaña social e política é dar resposta á situación de espolio e depredación eólica que estamos a vivir nestes momentos, cun desenvolvemento sen precedentes e a implantación de novos proxectos eólicos con moitos e graves problemas ao longo do territorio, ao facerse sen plani cación, sen un axuste ás necesidades medioambientais e sociais e sen o máis mínimo consenso.

Un boom eólico que non está pensado en bene cio dos intereses da veciñanza e do país, senón para enriquecer ao gran oligopolio eléctrico, coa estimábel complicidade da Xunta.

O BNG, salienta Ernesto Filgueira, propón un modelo alternativo que “sexa sustentábel, xusto e reverta en bene cio da comunidade”.

É por iso que o Bloque defende unha nova lexislación e un novo Plan Sectorial que ordene o territorio e blinde aquelas zonas que deben estar libres de eólicos, salvagardando espazos de alto interese ambiental e elementos estratéxicos como os recursos hídricos.

De igual xeito, e co obxectivo de obter un retorno xusto que compense o impacto ambiental e social da explotación eólica, o BNG avoga pola participación pública no sector, a través dunha empresa pública galega de enerxía e unha tarifa eléctrica galega que abarate a factura das galegas e os galegos. “Non imos parar porque nin este espolio nin esta depredación son admisíbeis; hai alternativa e dende o BNG continuaremos a defendela”, concluíu Filgueira.