O deputado do BNG no Congreso, Nestor Rego, participará nunha concentración para demandar melloras na N-541 en Calvelo

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O deputado do BNG no Congreso, Nestor Rego, participará nunha concentración para demandar melloras na accesibilidade e seguridade na N-541 en Calvelo (Cerdedo-Cotobade)

A concentración terá lugar o sábado 23 ás 12 fronte ao almacén de Celso Míguez en Calvelo

O portavoz municipal do BNG, Ernesto Filgueira, cumprindo co compromiso adquirido cos veciños e veciñas de Calvelo, deu conta das iniciativas que a organización nacionalista presentou tanto no Concello como no Congreso demandando a urxente mellora na accesibilidade e seguridade da N-541 ao seu paso pola parroquia.

Neste sentido, desde o BNG demandamos:

  • Un paso elevado que permita a comunicación dos dous lados de Calvelo
  • A creación dun carril de incorporación dirección Ourense á altura do café Obelix
  • A creación dunha plataforma peonil paralela á estrada, que garanta o acceso seguro dende Calvelo até Tenorio, onde se atopan os servizos básicos coma o supermercado, a carnicería, o centro de saúde ou os centros escolares.

Por se fose pouco, o estreito arcén da estrada e unha marquesiña que se asulaga cando chove crean problemas engadidos non só de accesibilidade, senón tamén de seguridade, de forma especial para os nenos e nenas e para as persoas maiores que utilizan este arcén e a marquesiña.

O BNG -anunciou Filgueira- “vai seguir insistindo con todas as nosas forzas até lograr que o ministerio de Fomento poña solucións aos actuais problemas de accesibilidade e seguridade na N-541 en Calvelo”.

Por este motivo, O BNG convoca unha concentración á que anima a todos os veciños e veciñas a asistir, para o vindeiro sábado 23 ás 12 da mañá fronte ao Café Obelix, que contará coa participación do deputado no Congreso, Nestor Rego. “Entre todos e todas conseguiremos un Calvelo máis seguro e accesíbel”, a rmou Ernesto Filgueira.