Ernesto Filgueira preocupado pola vaga de roubos en varias parroquias de Cerdedo-Cotobade

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira, portavoz do BNG de Cerdedo-Cotobade, manifesta a súa máxima preocupación pola vaga dos roubos que se produciron esta pasada noite en varias vivendas nas parroquias de Almofrei, Viascón e Carballedo . Estes feitos teñen á veciñanza alarmada e moi preocupada polo que o voceiro do BNG, Ernesto Filgueira, na mañá de hoxe, contactou coa Comandancia da Garda Civil de Cerdedo para trasladarlles os temores da veciñanza e para solicitarlles, que na medida das súas posibilidades físicas e materiais, intensifiquen a súa presencia polas parroquias como medida disuasoria. 

Segundo Filgueira: “quero agradecer a rápida actuación e resposta dos axentes da Garda Civil de Cerdedo e a súa preocupación polos problemas que afectan á seguridade da veciñanza”. 

A maiores, Ernesto Filgueira, pide colaboración aos veciños e veciñas para que informen inmediatamente se perciben movementos fóra do normal e manteñan os seus portais e e accesos ás vivendas pechadas. Filgueira desexa que as persoas responsables destes roubos sexan capturadas á maior brevidade posible para evitar males maiores e devolverlles, de novo, á tranquilidade á veciñanza.