O BNG de Cerdedo-Cotobade leva ao pleno do concello unha moción instando ao sr Cubela a xestionar diante da Xunta e do Consorcio melloras na cobertura das emerxencias en Cerdedo-Cotobade

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira ven de anunciar o rexistro dunha moción para o pleno de finais de novembro co obxectivo de acadar o voto favorable do PP e do Psoe para lograr dunha vez por todas unha mellora notábel na resposta dos servizos de emerxencias na meirande parte do territorio de Cerdedo-Cotobade. 

O BNG leva anos denunciando que o actual mapa de emerxencias déixanos nunha zona de sombra con tempos de resposta que non son asumíbeis. Boa parte do noso concello está no que se dá por chamar zonas de sombra, ao contar con tempos de resposta a emerxencias moito maiores do que se considera unha resposta axeitada”, afirmou o portavoz nacionalista, Ernesto Filgueira, quen lembrou que xa en setembro de 2019 se aprobou unha moción a proposta do BNG no que se instaba ás administracións competentes a procurar unha notable mellora na resposta dos servizos de emerxencia ás zonas de sombra na maior parte das parroquias de Cerdedo-Cotobade. 

O problema non só persiste senón que hai unha merma na prestación destos servizos de protección e auxilio para a veciñanza do concello, tal e como se demostrou no suceso acontecido no mes de outubro, con faltal desenlace, ocorrido no noso termo municipal. 

Por este motivo, dende o BNG lembramos que corresponde á Xunta de Galicia a superior coordinación das emerxencias, que corresponde ao consorcio provincial de Pontevedra a prestación do servizo contra incendios e salvamento no noso concello nos que a atención está por encima do tempo de resposta recomendado pola U.E., sendo esta recomendación por debaixo de 20 minutos. 

En palabras do portavoz municipal Ernesto Filgueira “É hora de que as administracións públicas presten un servizo de emerxencias de calidade ao concello de Cerdedo-Cotobade e que se dote á nosa contorna dun parque de bombeiros e dos servizos sanitarios que permitan ter unha atención razoable en caso de emerxencia”. 

Desde o BNG entendemos que a Corporación Municipal de Cerdedo-Cotobade e, especialmente o goberno municipal, como representante dos veciños e veciñas así como dos seus intereses e necesidades debe posicionarse sobre asuntos desta magnitude e traballar, máis, para sacar ao concello da zona de sombra na resposta dos servizos de emerxencias. 

Filgueira demanda firmeza ao Sr. Cubela diante da Xunta de Galiza, votando a favor desta moción e, despois de 11 anos, demande ante o máximo responsable a dotación de medios que permitan reducir o tempo de resposta ante as posibles emerencias que acontezan no noso concello.