Ernesto Filgueira propón recuperar as rutas de sendeirismo e BTT e conver las nun catalizador económico para Cerdedo e Cotobade.

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira: “Teño claro que outro modelo turís co é posible en Cerdedo-Cotobade tendo tanto e de tanto nivel. Avogo por artellar propostas verdes, sos bles e estratéxicas que sexan favorables para o desenvolvemento económico municipal”.

O portavoz municipal do BNG de Cerdedo-Cotobade, Ernesto Filgueira, ven de rexistrar unha moción dirixida a facer do turismo verde un catalizador de riqueza aproveitando as propias fortalezas naturais, etnográ cas e arqueolóxicas do concello. Segundo explica Filgueira, o obxec vo da proposta é instar ao goberno local a por en marcha un “Plan municipal de acondicionamento, sinalización, homologación e promoción das rutas de sendeirismo e BTT”. Un plan ambicioso par cipado polos técnicos municipais no que, segundo Filgueira, “debe ser necesariamente consensuado coas comunidades de montes e as asociacións de veciños das parroquias involucradas”.

O BNG considera que a ubicación estratéxica do concello, ubicado ás portas das Rías Baixas, ás Terras de Montes e á bisbarra do Deza; debe ser aproveitada a n de achegar visitantes e depor stas que xeren oportunidades de riqueza aos negocios do concello, toda vez, que o goberno de Jorge Cubela abandoe a teima de levar adiante actuacións deslabazadas e aposte por un proxecto coordinado que poña en valor a diversidade natural propia dos territorios de Cerdedo e de Cotobade.

Pretendemos crear un movemento económico aproveitando os recursos da natureza, apostando polo turismo sostíbel mentras procuramos prác cas saudábeis cuio fin é atraer persoas desexosas de riqueza natural, histórica, etnográfica e arqueolóxica mentras artellamos un motor económico beneficioso para os pequenos negocios do concello

Ernesto Filgueira recolle na moción a necesidade de habilitar unha par da económica especí ca nos vindeiros orzamentos municipais que permita ás comunidades de montes e veciñais desenvolver os traballos necesarios de limpeza, acondicionamento, homologación e mantemento anual nos roteiros de sendeirismo e BTT.

Agardo que o plan de valorización natural que estamos a propor dende o BNG sexa aprobado en pleno e que sexa abordado na comisión municipal correspondente, pois, ofrézolle a máxima colaboración ao Alcalde para sacar este ambicioso proxecto adiante