Ernesto Filgueira reclama melloras urxentes das liñas de electricidade e internet nas parroquias de Cerdedo

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Ernesto Filgueira reclama melloras urxentes das liñas de electricidade e internet nas parroquias de Cerdedo.

Ernesto Filgueira: “Dende o BNG pretendemos que o pleno reclame ás compañías suministradoras dos servizos de elctricidade e internet a modernización dos tendidos a fin de rematar cos problemas que sofre habitualmente a veciñanza dos lugares de Cerdedo”.

Ernesto Filgueira, portavoz municipal do BNG, ben de recoller as queixas e reclamacións de veciñas e veciños das diferentes parroquias do territorio de Cerdedo diante dos habituais problemas que sofren pola mala prestación dos servicios de electricidade e internet. De feito, a veciñanza refire que se trata dun problema habitual e sostido no tempo con caídas no suministro eléctrico durante horas e con subidas e baixadas de potencia que leva, en ocasións, ao deterioro dos electrodomésticos, á perda de alimentos e á incomidade de verse sen luz nos fogares; situación agravada no caso de persoas maiores soas cuia propia integridade física e psíquica se pon en perigo. Asemade, hai unha queixa xeralizada do corte de suministro do internete nos días de chuvas, ventos e tormentas. Un problema agravado non só pola caída durante a incidencia senón pola tardanza da suministradora á hora de restablecer o servizo. A estes problemas debemos engadir a repercusión negativa para aqueles veciños ou veciñas que teletraballan e para a economía dos autónomos e pequenos comerciantes. Por este motivo, o BNG presenta unha moción co obxectivo de acadar o apoio do pleno e reclamar a modernización dos tendidos de electricidade e internet nos diversos lugares do territorio de Cerdedo.

Ernesto Filgueira: “O BNG quere un rural cheo de vida, onde se facilite a conciliación da vida familiar, evitar que as persoas mozas abandonen as nosas parroquias e mesmo atraer nova veciñanza ao noso concello, máis para iso é fundamental que teñamos servizos de calidade coma nos nucleos urbáns”.