Francisco Rodríguez fala en Viascón da “importancia de coñecer a nosa historia”

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Acción Social e Cultural “Cerco” de Cerdedo-Cotobade organiza para este venres, 3 de marzo ás 19.45 h. unha charla na Casa do Pobo de Viascón para abordar a importancia e necesidade de coñecermos a nosa propia historia. A charla será impartida polo coñecido político, ensaista e investigador, Francisco Rodríguez Sánchez, que ven de publicar recentemente unha magna obra titulada “Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza. A segunda metade do século XIV”, que, en dous extensos e documentados volumes, aborda a etapa medieval de normalidade e esplendor do reino de Galiza, e a crise da segunda metade do século XIV. Esta obra deita luz sobre o noso pasado medieval e as deformacións e ocultacións que se produciron sobre este periodo, e contribúe a coñecernos este tempo histórico fundamental da nosa historia.