O BNG condena que a Xunta declare viábel a DIA do Parque Eólico Porto Vidros

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

A Xunta do PP segue coa súa teima de facer do noso concello un mega polígono eólico, pois, o DOG publica a día 14 de decembro de 2022 a “declaración de impacto medioambiental (DIA) viábel” para o P.E. Porto Vidros, pese a ser todo un ataque aos intereses da veciñanza e ás 665 alegacións presentadas.

Nin as portas xiratorias do PP, nin os oscuros acordos entre o PP e o PSOE para simplificar os trámites medioambientais, nin os abusos das grandes enerxéticas van impedir que dende o BNG sigamos a traballar por un modelo eólico xusto, galego e sostíbel co noso medio.