O BNG de Cerdedo-Cotobade lanza a páxina web do candidato á alcaldía, ernestofilgueira.gal 

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O portavoz municipal e candidato do BNG de Cerdedo-Cotobade, Ernesto Filgueira, acompañado do responsábel local Anxo Santomé e dos candidatos Rocío Graña, Víctor Rivas, Antón Mouriz e Alberto Cadavid, veñen de facer público que o BNG local por a disposición da veciñanza unha novedosa e interactiva páxina web baixo o nome ernestofilgueira.gal, convertindo ao candidato da formación nacionalista no único, dos que se presentan á alcaldía de Cerdedo-Cotobade, en contar cunha plataforma dixital onde a veciñanza ten ao seu alcance todo o traballo feito polo BNG durante o mandato que está a piques de rematar.

Ernesto Filgueira: “a web que presentamos é o noso mellor aval que resume o traballo feito durante o mandato xa que sumamos maís de 302 accións políticas desenvoltas nos catros últimos anos con 53 mocións, 90 preguntas e propostas levadas a pleno, reunións cos colectivos sociais, concentracións, charlas informativas contra os eólicos, presentacións de alegacións, andainas, extensa programación cultural de CERCO, … e un longo etcétera que nos fai sentir moi orgullosos do compromiso da equipa que forma o BNG e do proxecto de transformación claro que nos posiciona como a mellor alternativa de goberno para Cerdedo-Cotobade”.

Segundo o anunciado por Filgueira, a web ernestofilgueira.gal conta cun apartado de intercomunicación proactiva para que as suxerencias, porpostas ou preguntas da veciñanza chegue  “con un simple clic” ao seo da organización nacionalista e da mesma maneira calquera nova pode ser partillada nas redes sociais máis utilizadas pola nosa comunidade veciñal.

“O BNG de Cerdedo-Cotobade está no século XXI, cos medios dixitais precisos nos que a transparencia e a calidade informativa sexan claves no dereito das veciñas e dos veciños a estaren e sentirse perfectamente informados”, segundo expresou o portavoz e candidato Ernesto Filgueira.