A presión do BNG obriga a Jorge Cubela a ocultar a simboloxía franquista da Feira de Cuspedriños 

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O portavoz municipal e candidato do BNG de Cerdedo-Cotobade, Ernesto Filgueira, acompañado do responsábel local Anxo Santomé e os dos candidatos Rocío Graña, Delmiro Durán e Xoan Antelo; visitaron o lugar de Cuspedriños para valorar in situ a ocultación do símbolo franquista existente na fachada principal do pintoresco edificio da Feira de Cuspedriños.

“Se ben é unha acción simbólica, o certo é que é un paso de xigante en materia de cumplimento da Memoria Histórica” dixo o candidato Ernesto Filgueira que “debemos seguir coa presión que exercemos durante todo o mandato para deixar os bens públicos libres de simboloxía franquista”. O grupo local do BNG celebrou que “grazas ao noso compromiso coa reparación da Memoria Histórica fomos quen de obrigar ao PP a iniciar, pese as súas reticencias, o proceso de eliminación deste tipo de simboloxías tan presentes aínda no noso concello”.

Ernesto Filgueira:; “Unha vez máis, a firmeza e a rigurosidade do traballo da equipa do BNG feito dende a oposición ao longo deste mandato, fixo posíbel abrir un tempo novo en Cerdedo-Cotobade en materia de Memoria Histórica. E ímos continuar ata ver o concello totalmente limpo de restos franquistas”.

Os concellos están obrigados á retirar os escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación da sublevación militar, da guerra civil e da represión da Ditadura. Toda unha simboloxía que é contraria aos valores democráticos e que atentan contra a dignidade e a memoria das vítimas da ditadura. Lembrou Filgueira que “presentamos varias iniciativas en diversas sesións plenarias: en xaneiro de 2020, rexeitada por Jorge Cubela. Unha segunda, en novembro de 2021, resultou aprobada ao contar coa abstención do PP toda vez que lle admitimos unha emenda ao texto da moción. Máis foi aprobada. E finalmente, no último pleno instamos ao PP de Cubela a cumplir co acordo plenario de 2021 en materia de restauración da Memoria Histórica”.

Di o candidato Ernesto Filgueira: “aínda queda moito por facer e ahí o compromiso inquebrantábel do BNG coa eliminación de toda a simboloxía fascista a fin de poder avanzar cara unha sociedade máis democrática e respectuosa coa memoria das persoas represaliadas e das súas familias”.