O BNG insta a Cubela a renovar urxentemente os convenios de cesión das Casas do Pobo ás entidades veciñais de Borela, Augasantas, Caroi, Almofrei, Rebordelo e Tenorio 

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

O portavoz municipal do BNG en Cerdedo-Cotobade, Ernesto Filgueira, anuncia a presentación inmediata dunha iniciativa reclamando do goberno local “maior celeridade na tramitación do novo convenio de cesión das Casas do Pobo á veciñanza das parroquias de Aguasantas, Tenorio, Caroi, Borela, Almofrei e Rebordelo logo de levar 10 meses co actual convenio caducado.

Ernesto Filgueira, recibíu as queixas da veciñanza e dos membros das entidades veciñais afectadas por unha situación “anómala”, que está a causar “prexuízos en termos de inseguridade xurídica ao non ficar claro os usos e a competencia de xestión das Casas do Pobo afectadas” e que esixe “altura de miras e máis traballo para rachar coa desidia coa que o Alcalde e Deputado Provincial, Jorge Cubela, está a tratar este tema”.

O BNG denuncia que, ademáis dos problemas de inseguridade xurídica e xestión dos espazos públicos, existen outros problemas non menores, como que neste momento a Deputación ten aberta unha liña de axudas dentro do programa de acción comunitaria para a provincia até o 29 de febreiro na que as asociación veciñais para ser beneficiarias deben ter, entre outros requisitos, a titularidade ou o dereito de uso das instalacións un mínimo de cinco anos.

Nestes intres, nin a veciñanza de Aguasantas, nin de Tenorio, Caroi, Borela, Almofrei nin de Rebordelo poden optar a esta convocatoria de axudas públicas polo estado de caducidade do convenio de cesión das súas respectivas Casas do Pobo.

Ernesto Filgueira denuncia que “esta situación crea situación de desigüaldade entre a veciñanza das diferentes parroquias e é,un caso máis do desleixo administrativo do alcalde e deputado provincial, Jorge Cubela, ao que lle esiximos rapidez na xestión do novo convenio para que poida ser aprobado pola corporación no Pleno de xaneiro”.

INSTANCIA PRESENTADA NO REXISTRO MUNICIPAL: