O BNG presenta a súa candidatura en Cerdedo Cotobade o sábado 15 ás 20 h. no Centro Cultural de Tenorio

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

#Pénsao
#OutraFormaÉPosíbel

Cerdedo-Cotobade, 12 de abril de 2023. Arroupado polo deputado nacionalista, Luís Bará, o candidato á alcaldía de Cerdedo-Cotobade, Ernesto Filgueira, presentará o vindeiro sábado 15 de abril ás 20 h. no centro cultural de Tenorio a candidatura coa que concorrerá ás eleccións municipais do 28 de maio, nun acto no que tamén intervirán as candidatas Lucía Aguete, Rocío Graña e Sandra Fentanes.

“Se algo caracteriza a candidatura que presentamos é que está formada por mulleres e homes capaces, traballadores, honestos, coas ideas claras e coa ilusión necesaria para poñer en marcha un proxecto feminista, aberto e participativo que sexa quen de darlle o impulso que Cerdedo-Cotobade necesita”, afirmou o candidato do BNG á alcaldía, Ernesto Filgueira.

Animamos á veciñanza a que nos acompañe neste acto público de presentación da candidatura para que poidan comprobar de primeira man ás persoas que me acompañan na lista e as principais ideas que propoñemos para mellorar o noso concello. “Teño a honra de contar cun equipo de mulleres e homes con preparación, capacidade de traballo e entusiasmo, e cun proxecto claro e realizábel que parte da análise da nosa propia realidade para transformala en positivo”.

A candidatura do BNG para Cerdedo-Cotobade está formada por persoas representativas das distintas parroquias e do tecido asociativo do municipio, unha candidatura “pensada para loitar pola alcaldía e facer realidade ese novo Cerdedo-Cotobade, que todas e todos merecemos, orgulloso de si mesmo, con máis e mellores servizos, con máis oportunidades, e con máis dinamismo económico, social e cultural”, afirmou Filgueira